As persoas interesadas en asistir ao Congreso Galego de Voluntariado 2008 xa poden anotarse a través da web cubrindo o formulario ao que se accede directamente a través da ligazón que aparece máis abaixo. O prazo de inscricións estará aberto ata o próximo 25 de marzo ás 21.00 horas. O acceso directo ao formulario está no apartado Plans e Programas/Congreso Galego de Voluntariado de www.voluntariadogalego.org. Para calquera problema durante o proceso de anotación, contacte con nós a través do 900 400 800.
O Congreso Galego de Voluntariado 2008 vai ter lugar o 10 de abril durante todo o día no Pazo de Congresos e Exposicións de Galiza de Santiago de Compostela.