Outras novas
11/05/2008
Outras novas

CAMPAÑA: DEREITO Á ALIMENTACIÓN. URXENTE

Con todo, máis de 850 millóns de seres humanos, a maioría habitantes de países en desenvolvemento e traballadoras e traballadores do medio rural, sofren fame e desnutrición e non teñen acceso aos recursos necesarios para producir os alimentos que necesitan para levar unha vida plena e digna. Prosalus, Cáritas Española, Veterinarios sen Fronteiras e Enxeñería Sen Fronteiras promoven a campaña "Dereito á alimentación. Urxente" que propón:

1. Efectividade do dereito á alimentación no marco dunha política de soberanía alimentaria 2. Respecto, protección e garantía do dereito á alimentación como dereito humano fundamental 3. Revisión de políticas públicas e dotación de suficientes recursos para garantir a efectividade do dereito á alimentación 4. As políticas ou acordos subscritos pola comunidade internacional deben respectar o dereito á alimentación