Outras novas
04/09/2008
Outras novas

GRAZAS INFINITAS

Por terceiro ano consecutivo, desde que en 2006 fose aprobado polo Goberno español o Estatuto do Cooperante, a Cooperación Española celebra o 08 de setembro o Día do Cooperante, co obxecto de realizar un recoñecemento expreso ao traballo dos cooperantes españois na loita contra a pobreza. ampliar ampliar

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, a Secretaría de Estado de Cooperación e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) únense á celebración deste día de recoñecemento do labor dos cooperantes e dos valores solidarios que representan.

É por iso que estas institucións públicas organizaron, xunto cos demais actores da cooperación española - Comunidades Autónomas, Federación de Municipios e Provincias (FEMP), Coordinadora de ONGD e a Conferencia Española de Relixiosos (CONFER) - diversas actividades tanto en España como no estranxeiro coas que se pretende o recoñecemento social e a difusión e promoción dos valores que representan os e as cooperantes que traballan polo desenvolvemento dos pobos.

Entre os actos que terán lugar en España para conmemorar este día (ademais da difusión os anuncios publicitarios, que podes descargar en www.aecid.es), está prevista o 8 de setembro unha recepción aos cooperantes españois por parte do Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, Miguel Angel Moratinos no Palacio de Santa Cruz, onde tamén terá lugar unha homenaxe aos cooperantes falecidos.

Os Concellos de Madrid e Coslada (membros da FEMP) colaboraron tamén na organización de dous concertos; o primeiro terá lugar o 08 de setembro en Lavapiés, na Praza Agustín Lara ás 21.30, e actuarán "Dissidenten" (grupo alemán de músicas do mundo), e "Actitude Maria Marta", (hip hop e reagge latino). O segundo concerto será no Auditorio do Lago de Coslada, e correrá a cargo da Sucursal S.A, mestizaxe latina desde Barcelona.

Estes e o resto de actos programados tanto en España como no exterior, poden consultarse na páxina web http://www.aecid.es/cooperante_2008 ampliar ampliar

Na rolda de prensa, que tivo lugar na Casa Acesa, Soraya Rodríguez destacou o importante papel que cooperantes, homes e mulleres, teñen como embaixadores dunha parte esencial da acción exterior do Goberno como é a cooperación ao desenvolvemento, contribuíndo a estreitar as relacións entre os estados para facer un mundo máis xusto.

Tamén destacou os logros conseguidos, tras a aprobación do Estatuto en 2006, para mellorar a situación laboral dos profesionais da cooperación expatriados noutros países, habéndose acollido ao seguro colectivo ata o momento uns 534 cooperantes. Como reto de futuro, estase traballando en plans de retorno ao mundo laboral cando estes profesionais regresan a España.

A Secretaria de Estado de Cooperación Internacional estivo acompañada polos representantes do Comité Organizador do Día do Cooperante, José María Medina, Presidente da Coordinadora de ONGD, Carlos Marcilla, de CONFER, Laura López de Cerain, Directora Xeral de Cooperación e Inmigración do Concello de Madrid, Anxo Viveiros, Alcalde de Coslada e Carlos Clemente, Viceconsejero de Cooperación e Inmigración da Comunidade de Madrid, en representación das CC.AA. Todos eles quixeron destacar o agradecemento infinito ao labor dos cooperantes, a gran profesionalización, calidade, motivación e implicación das persoas que traballan no terreo e das estruturas de apoio ás mesmas, así como os avances que se están conseguindo grazas ao esforzo de coordinación que se realiza entre todos os axentes, públicos e privados, que interveñen na Cooperación Española.

A celebración do Día do Cooperante quere facer máis profunda a concienciación social sobre a realidade dos países máis desfavorecidos, pondo exemplos concretos de traballo e esforzo co que se conseguen obxectivos, para chegar de xeito máis directo a sensibilizar sobre o traballo da Cooperación Española e os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Fonte:Aecid