Outras novas
13/10/2008
Outras novas

"NOBEL DA SOLIDARIEDADE" : RECOÑECENDO O PAPEL DAS MULLERES NO DESENVOLVEMENTO

O Right Livelihood Award (RLA) ou Nobel Alternativo é, segundo moitos, un premio máis máis crítico, máis combativo e máis arriscado. O xurado dos galardóns premia cada ano, na semana previa aos Nobel, exemplos de dedicación e compromiso coa verdadeira xustiza e as persoas máis desfavorecidas.

O regulamento non establece categorías fixas. Historicamente o Premio foi entregado a activistas de campos tan diferentes como a defensa dos dereitos humanos, a xustiza social, a paz e o desarmamento, a promoción das minorías, o desenvolvemento da agricultura, a ciencia e a tecnoloxía, a loita contra o fame, a protección da infancia e a tutela do medioambiente.

Visión feminina

Este ano a fundación Right Livelihood Award recoñeceu o traballo de tres mulleres: a xornalista estadounidense Amy Goodman; a activista somalí Asha Hagi e a xinecóloga alemá Monika Hauser. Ademais de premiar ao matrimonio formado por Krishnammal e Sankaralingam Jaqgannathan, fundadores da organización india LAFTI.

Premiadas

O matrimonio formado por Krishnammal e Sankaralingam Jagannathan é coñecido como o "alma da India". A súa dedicación á xustiza social de Gandhi e o desenvolvemento humano sostible desde a organización LAFTI, levoulles a conseguir este recoñecemento.

A estadounidense Amy Goodman é, segundo os expertos, promotora dun modelo de xornalismo político independente. Destaca o seu traballo no programa de radio e televisión "Democracy Now!", onde dá cobertura ás voces excluídas polos medios convencionais.

Asha Hagi converteuse nunha figura crave na defensa dos dereitos da muller e da súa participación no proceso de paz somalí. Hagi mobilizou por centos de mulleres na causa da paz no seu país e colaborou con ONG desempeñando un papel fundamental na mediación cos clans belixerantes.

O compromiso da xinecóloga alemá Monika Hauser co "traballo con mulleres que viviron a violencia sexual máis terrorífica" valeulle facerse cun dos RLA deste ano. Hauser é a fundadora da ONG "Medicamento Mundial", que traballa para previr e denunciar a violencia sexual contra as mulleres e as nenas en tempo de guerra e axudar aos sobrevivientes.

FONTE: CANALSOLIDARIO