Tras permanecer trinta e oito días secuestrado, o fotógrafo
compostelán José Cendón foi liberado onte despois de que o pasado 26 de
novembro fose capturado xunto xornalista británico Colin Freeman en Somalia,
na rexión de Puntlandia. Cendón, que foi trasladado a Nairobi polo
embaixador de España en Kenia e desde alí estaba previsto que fose
repatriado, foi capturado xunto a Freeman cando ían rumbo ó aeroporto de
Bossaso, a capital de Puntlandia, logo de estar na zona durante unha semana
facendo unha reportaxe sobre a piratería en Somalia para o diario Daily
Telegraph.
Máis información:
Nova en Galicia Hoxe