Novas de Cooperación Galega
07/11/2014
Xeral

O director xeral Relacións Exteriores e para UE visita proxectos da cooperación galega en Nicaragua

Este proxecto da Fundación Entreculturas levado a cabo na periferia de Managua permite a decenas de mozos e mozas aprender e capacitarse cara a unha nova saída profesional. A través da organización local Fe y Desarrollo a Cooperación Galega está contribuindo a desenvolver unha zona de relevantes niveis de pobreza e carencias formativas.

Esta centro formativo comenzou fai catro décadas e agora permite as novas xeracións ter unha expectativa de futuro. Grazas a módulos de formación relacionados coa Mecánica, Electricidade, Repostería ou industrial, entre outros oficios profesionais, mozos e mozas desta situación do ámbito de influencia da capital nicaraguana logran atopar un oficio con demanda no mercado laboral.
Para Jesús Gamallo, “esta serie de accións da Xunta de Galicia, a través da Cooperación para o Desenvolvemento, conceden esperanza para persoas que non teñen moitas posibilidades de acceder a ciclos formativos relacionados cunha profesión”. O director xeral de Relacións Exteriores e para Unión Europea felicitou a organización local e os outros axentes implicados nos óptimos resultados deste proxecto financiado integramente pola cooperación galega.
Gamallo recomendou os alumnos e alumnas do centro que “non teñades medo o fracaso ou as dificultades iniciais dos diferentes oficios que tedes por diante. O máis importante é lograr obter a capacitación e formación precisa para estar preparados, a pesar de que o camiño para ter un oficio terá as a súas dificultades. Pero, así, estades construíndo o voso futuro”, indicou.
Este proxecto tamén achega un importante compoñente de xénero na procura dunha ruptura nas diferencias entre mulleres e homes. Por iso, traballa na potenciación das habilidades das mozas coa finalidade de que poidan desenvolver, con éxito, tarefas propias do eido da electricidade, mecánica ou industrial. Neste senso, moitas rapazas xa obtiveron a súa titulación profesional e están preparadas para sair o mercado laboral en oficios, ata agora, dominados polos homes.
Por este motivo, Jesús Gamallo quixo incidir nas “sobresalientes posibilidades que teñen estas rapazas, unha vez finalizado o seu paso pola formación. Son fórmulas moi eficientes para traballar e incluir nun proxecto de Cooperación ao Desenvolvemento a compoñente de xénero”.
A visita dos responsables autonómicos rematou cunha xuntanza con nais e profesores dos alumnos para coñecer a evolución e as necesidades propias da viabilidade dunha iniciativa destas características no marco educativo y formativo. “Nós continuaremos apoiando, sen dúbida, exemplos de proxecto como este”, indicou Gamallo.