A Consellería de Presidencia aproba as ordes que establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións para proxectos e microproxectos de cooperación no exterior, así como para actividades de educación para o desenvolvemento e de fortalecemento de ONGD. Convócanse tamén doce bolsas de formación de expertas/os en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
As convocatorias, ás que a Xunta destina máis de 5 millóns de euros, publicaranse no DOG a principios do mes de xaneiro