O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea presidiu esta mañá a reunión constitutiva da Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento
A creación desta Comisión foi aprobada polo Consello galego da Cooperación Para o Desenvolvemento (CONGACODE) na reunión plenaria do 21 de decembro do 2010, atendendo a unha demanda dos axentes de cooperación.
A Comisión Permanente constitúese como o órgano de apoio ao Pleno do Consello e está formada polo presidente do Consello, a secretaria do Consello, dous representantes das ONGD, un representante do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e un/unha experto/a independente.