O 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou en París a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Hoxe cúmprense 61 anos deste fito histórico que supuxo o recoñecemento do dereito a vida, á igualdade, á liberdade e á dignidade de todas as persoas.
A aprobación dos 30 artigos da carta universal deu paso á celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos cada 10 de decembro. Esta xornada conmemorativa é unha data para valorar os logros acadados ata agora e para reflexionar sobre os futuros retos no cumprimento dos Dereitos Humanos.