. A cooperación galega está a realizar unha avaliación externa do Programa de Formación para a Pesca Artesanal en Centroamérica (Profopac) e doutros proxectos en materia de pesca financiados pola Xunta de Galicia nesa rexión.
. Co obxectivo de dar a coñecer os resultados desta avaliación e visibilizar a cooperación galega, un equipo de reporteiros de Agareso composto polos xornalistas Gonzalo Brocos e Xurxo Salgado, o fotógrafo Marcos Canosa e o operador de cámara Suso Lago percorrerá esta rexión.