A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade entregou hoxe os Premios á Solidariedade en Galicia 2008 a cinco entidades representativas do tecido da acción voluntaria en recoñecemento ao seu labor de promoción e execución da acción voluntaria nos ámbitos de sensibilización e difusión, proxectos innovadores e desenvolvemento sustentable e/ou comunitario
A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, entregou o premio adicado ao eido do desenvolvemento sostible e ou comunitario a título póstumo ao cooperante galego Nacho Salgado, falecido recentemente en Perú.
A semana pasada Galicia acolleu a visita de Maidah Zeinabou, directora executiva de Niger Lait, a primeira empresa leiteira do país africano, co obxectivo de atopar posibilidades de transferencia de know how.
Esta iniciativa xurdiu despois dunha visita da Cooperación Galega a Níxer e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior e a AECID.
ONGD galegas axudarán ao desenvolvemento de máis de 40.000 persoas con iniciativas educativas, sanitarias e de xestión sostible nos vindeiros catro anos.
A convocatoria de programas é un novo instrumento da cooperación para o financiamento de actuación a longo prazo.
O convenio abre a porta á posibilidade de recibir capacitación profesional durante o seu período de formación na OEI
Das 14 bolsas de formación financiadas pola dirección xeral de Cooperación Exterior o vindeiro 2009, por vez primeira, unha desenvolverase co apoio da OEI
O proxecto de Save the Children contribuirá a reducir a dependencia da axuda humanitaria das familias vulnerables máis afectadas polo ciclón Nargis, a través da recuperación das actividades produtivas e dos seus activos.
A dotación de 200.000 € procede dunha partida extraordinaria que vense a sumar os fondos de axuda xestionados pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior
O libro é unha denuncia do tráfico de nenos en África.
Hoxe é o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, e se conmemoran os 19 anos dende que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Convención sobre os Dereitos dos Nenos e Nenas.
A plataforma móbil da campaña Achégate! permanecerá hoxe e mañá na Alameda de Santiago de Compostela para seguir logo o seu camiño por toda a Comunidade.
Máis de 60 centros escolares e preto de 6.000 nenos e nenas participaron xa nas actividades lúdicas e educativas desta iniciativa de sensibilización cidadá.