Novas de Cooperación Galega

  • 15/12/2008
    Xeral
    • O proxecto “Fortalecemento do sector saúde” aspira a mellorar as condicións de vida e saúde da poboación en Guinea-Bissau, sector e pais prioritarios para a Cooperación Galega.
    • Un grupo de dez profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago participan nesta iniciativa e impartirán cursos que axudarán a mellorar a formación e a motivación dos profesionais sanitarios guineanos. 
  • 11/12/2008
    Xeral
    • O Consello de Goberno da Xunta aprobou un convenio dotado con 27.165 euros e que promove transferencias de coñecemento que inducen á innovación e ao cambio técnico nos países receptores da cooperación galega, coadxuvando desta forma ó seu crecemento económico duradeiro. 
  • 10/12/2008
    Xeral

    • O secretario xeral de Relacións Exteriores e a directora xeral de Cooperación Exterior participaron no acto, que se desenvolveu onte á tarde na cidade de Pontevedra• Na videoconferencia, realizada no Café Moderno de Pontevedra, cooperantes galegas en 6 países trasladaron o seu esforzo e traballo cotián na coordinación de programas e seguimento de proxectos.

  • 03/12/2008
    Xeral
    • A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade entregou hoxe os Premios á Solidariedade en Galicia 2008 a cinco entidades representativas do tecido da acción voluntaria en recoñecemento ao seu labor de promoción e execución da acción voluntaria nos ámbitos de sensibilización e difusión, proxectos innovadores e desenvolvemento sustentable e/ou comunitario
    • A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, entregou o premio adicado ao eido do desenvolvemento sostible e ou comunitario a título póstumo ao cooperante galego Nacho Salgado, falecido recentemente en Perú.
  • 01/12/2008
    Xeral
    • A semana pasada Galicia acolleu a visita de Maidah Zeinabou, directora executiva de Niger Lait, a primeira empresa leiteira do país africano, co obxectivo de atopar posibilidades de transferencia de know how.
    • Esta iniciativa xurdiu despois dunha visita da Cooperación Galega a Níxer e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior e a AECID.
  • 30/11/2008
    Xeral
    • Na África Subsahariana atópanse dous de cada tres enfermos no caso dos adultos, e o 90% dos nenos e nenas infectados pola VIH
    • Guinea Bissau e Mozambique son os países prioritarios onde a Cooperación Galega traballa máis fondamente coa enfermidade
  • 27/11/2008
    Xeral
    • ONGD galegas axudarán ao desenvolvemento de máis de 40.000 persoas con iniciativas educativas, sanitarias e de xestión sostible nos vindeiros catro anos. 
    • A convocatoria de programas é un novo instrumento da cooperación para o financiamento de actuación a longo prazo. 
  • 26/11/2008
    Xeral
    • O proxecto de Save the Children contribuirá a reducir a dependencia da axuda humanitaria das familias vulnerables máis afectadas polo ciclón Nargis, a través da recuperación das actividades produtivas e dos seus activos.
    •  A dotación de 200.000 € procede dunha partida extraordinaria que vense a sumar os fondos de axuda xestionados pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior
  • 26/11/2008
    Xeral
    • O convenio abre a porta á posibilidade de recibir capacitación profesional durante o seu período de formación na OEI
    •  Das 14 bolsas de formación financiadas pola dirección xeral de Cooperación Exterior o vindeiro 2009, por vez primeira, unha desenvolverase co apoio da OEI
  • 24/11/2008
    Xeral
    • Hoxe se celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
    • A xornada de hoxe encádrase nas actividades que desenvolve a Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña esta semana.