REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE PARA A PROMOCIÓN DA PARTICIPACIÓN XUVENIL E O EXERCICIO DA CIDADANÍA GLOBAL
Beneficiarios
Mozos e mozas de 16 centros de ensino. De entre 14 e 18 anos, estudantes de segundo ciclo de ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de grao medio e superior e doutras modadlidades educativas formais ou non formais.
Obxectivos
- Posibilitar que as mozas e mozos galegos contribúan á transformación social e á xeración dunha sociedade con maiores cotas de inclusión e equidade
- Favorecer o desenvolvemento de valores, actitudes e habilidades para a participación pro-social, a solidariedade e a cooperación nas mozas e mozos galegos de 14 a 18 anos de centros de ensino e espazos educativos non formais.
Accións 1.Presentación do proxecto a novos centros de ensino. Envío aos centros dunha carta e un documento informativo, e visitas posteriores aos centros para presentación en detalle.
3.Encontro de formación e planificación para titores da rede. Presentación da actividade aos grupos da Rede Solidaria da Mocidade de cada un dos centros.Ofrécese formación aos titores sobre contidos e principios pedagóxicos do proxecto
4.Asemblea da Rede Solidaria da Mocidade.
5. Realización e coordinación de actividades de sensibilización nos centros - Campaña Mundial pola Educación.
6.Encontro estatal de mozos e mozas. Preparación e avaliación.En Valencia.
13.759 EUROS