Proxectos

REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE PARA A PROMOCIÓN DA PARTICIPACIÓN XUVENIL E O EXERCICIO DA CIDADANÍA GLOBAL

Beneficiarios

Mozos e mozas  de 16 centros de ensino. De entre 14 e 18 anos, estudantes de segundo ciclo de ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de grao medio e superior e doutras modadlidades educativas formais ou non formais.

Obxectivos

- Posibilitar que as mozas e mozos galegos contribúan á transformación social e á xeración dunha sociedade con maiores cotas de inclusión e equidade

- Favorecer o desenvolvemento de valores, actitudes e habilidades para a participación pro-social, a solidariedade e a cooperación nas mozas e mozos galegos de 14 a 18 anos de centros de ensino e espazos educativos non formais.

Accións                                                                                                                                                                                          1.Presentación do proxecto a novos centros de ensino. Envío aos centros  dunha carta e un documento informativo, e visitas posteriores aos centros  para presentación en detalle.       
3.Encontro de formación e planificación para titores da rede. Presentación da actividade  aos grupos da Rede Solidaria da Mocidade de cada un dos centros.Ofrécese formación aos titores  sobre contidos e principios pedagóxicos do proxecto   
4.Asemblea da Rede Solidaria da Mocidade.       
5. Realización e coordinación de actividades de sensibilización nos centros - Campaña Mundial pola Educación.         
6.Encontro estatal de mozos e mozas. Preparación e avaliación.En Valencia.

 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Axudas: 

13.759 EUROS