Proxectos

ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE FORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E VOLUNTARIADO EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

OBXECTIVOS: Difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países subdesenvolvidos e da cooperación para o  desenvolvemento.
Fomentar a investigación sobre as causas do desenvolvemento a fin de fortalecer e abrir novas vías de cooperación

ACCIÓNS: - Campaña de información sobre as accións do Programa de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas (NVA).

- Programa de coñecemento da realidade (PCR): Iniciativa baseada na posibilidade de que o alumnado da USC  se desprace  a un país en vías de desenvolvemento a realizar unha estancia de cooperación, e que o traballo desenvolvido poida ser convalidado con proxectos fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira.

-Xornadas de formación básica en  voluntariado: Inclúen un módulo de cooperación no que se abordarán temas como o deseño, avaliación e seguimento de proxectos de cooperación, programas de educación e sensibilizacion

 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Axudas: 

13.000 EUROS