ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE FORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E VOLUNTARIADO EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
OBXECTIVOS: Difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países subdesenvolvidos e da cooperación para o desenvolvemento.
Fomentar a investigación sobre as causas do desenvolvemento a fin de fortalecer e abrir novas vías de cooperación
ACCIÓNS: - Campaña de información sobre as accións do Programa de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas (NVA).
- Programa de coñecemento da realidade (PCR): Iniciativa baseada na posibilidade de que o alumnado da USC se desprace a un país en vías de desenvolvemento a realizar unha estancia de cooperación, e que o traballo desenvolvido poida ser convalidado con proxectos fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira.
-Xornadas de formación básica en voluntariado: Inclúen un módulo de cooperación no que se abordarán temas como o deseño, avaliación e seguimento de proxectos de cooperación, programas de educación e sensibilizacion
13.000 EUROS