DESENVOLVEMENTO URBANO EN TIRUCHY (TAMIL NADU. INDIA)
OBXECTIVOS
Mellorar as condicións de vida da poboación da cidade de Tiruchy (India) con especial fincapé na superación da discriminación de xénero. Deste xeito preténdese que ao finalizar o proxecto a poboación dos suburbios mellore o seu status socioeconómico e máis de 900 mulleres teñan acceso ao aforro e crédito
ACCIÓNS
- Clases de apoio para nenas/os e alfabetización de mulleres adultas
- Reforzo de voluntariado sanitario
- Reforzo e federación de grupos de aforro
- Asesoramento a mulleres
- Campañas de “mainstreaming" de xénero con todos os axentes presentes na comunidade
- Formación e reforzo de voluntariado de xénero
- Reforzos de grupos de mocidade
- Apoio a persoas con discapacidade
- Capacitación de mulleres
- Creación e organización do consello comunitario
POBOACIÓN BENEFICIARIA
A poboación dos suburbios da cidade de Tiruchy
25.694,25 EUROS