Proxectos

DESENVOLVEMENTO URBANO EN TIRUCHY (TAMIL NADU. INDIA)

OBXECTIVOS

Mellorar as condicións de vida da poboación da cidade de Tiruchy (India) con especial fincapé na superación da discriminación de xénero. Deste xeito preténdese que ao finalizar o proxecto a poboación dos suburbios mellore o seu status socioeconómico e máis de 900 mulleres teñan acceso ao aforro e crédito

ACCIÓNS

- Clases de apoio para nenas/os  e alfabetización de mulleres adultas
- Reforzo de voluntariado sanitario
- Reforzo e federación de grupos de aforro
- Asesoramento  a mulleres
- Campañas de “mainstreaming" de xénero con todos os axentes presentes na comunidade
- Formación  e reforzo de voluntariado de xénero
- Reforzos de grupos de mocidade
- Apoio a persoas con discapacidade
- Capacitación de mulleres
- Creación e organización do consello comunitario

POBOACIÓN BENEFICIARIA

A poboación dos suburbios da cidade de Tiruchy

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Asia
País: 
INDIA
Zona de actuación: 
Tiruchy
Tamil Nadu (estado)
Axentes: 
IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO
Código CRS: 
43030 - Desenvolvemento e xestión urbanos
Axudas: 

25.694,25 EUROS