FORTALECEMENTO DOS PROCESOS PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO INTEGRAL E AUTOXESTIONARIO EN COMUNIDADES DE POBREZA DA FRONTEIRA ECUADOR-PERÚ
Fortalecer os procesos para o desenvolvemento humano integral e autoxestión en comunidades da fronteira Ecuador-Perú
FUNDACIÓN ECOLÓGICA RIKCHARINA
Fomentar o desenvolvemento social, económico, ambiental e cultural da rexión fronteiriza conformada polos cantóns Quilanga, Calvas e Espíndola do Ecuador, e os distritos de Ayabaca, Montero, Sicches y Jililí de Perú, a través da implementación de propostas de integración transfronteiriza.
Achegar ao melloramento da saúde dos grupos humanos considerados vulnerables (nenas, nenos e mulleres) en 24 comunidades da fronteira
- Atención médica a nenas e nenos. Nas escolas brindarase atención médica ao 100% da poboación
- Atención odontolóxica a nenas e nenos. Os problemas de saúde bucal dentro da pobaoción infantil son un grave problema que se pretende paliar coa atención odontolóxica nas escolas
- Campañas de saúde reprodutiva a mulleres. 1250 mulleres en idade fértil das seis comunidades recibiran atención xinecolóxica. Ademais recibirán charlas educativas para sensibilizar na importancia que ten realizar revisións xinecolóxicas unha vez cada doce meses
- Construción e adecuación das unidades de saúde. Implementación dun equipo de dúas unidades de saúde ubicadas na zona rural do ámbito de intervención do proxecto
- 12 comunidades contan e acceden a un programa de alfabetización permanente a través da metodología REFLECT ACTION coa que se obtén un dobre impacto, por un lado que a poboción aprenda a ler e escribir e por outra a ser crítica e analítica fronte aos problemas sociais
- Promoción e difusión do turismo comunitario sobre todo do corredor turístico binacional, realizado mediante un programa de sensibilización
- Eventos de motivación, concertación e negociación da proposta de xestión ambiental concertada cos gobernos locais
- Persoas alfabetizadas de 12 comunidades fortalecen os seus coñecementos a través de emprendementos produtivos
11.500 persoas agrupadas en 2300 familias que viven na fronteira ecuatoriana- peruana
314000