Proxectos

FORTALECEMENTO DOS PROCESOS PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO INTEGRAL E AUTOXESTIONARIO EN COMUNIDADES DE POBREZA DA FRONTEIRA ECUADOR-PERÚ

Fortalecer os procesos para o desenvolvemento humano integral e autoxestión en comunidades da fronteira Ecuador-Perú

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
PERÚ
Zona de actuación: 
Ayacaba (provincia)
Fronteira Ecuador Perú
Piura (departamento)
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

FUNDACIÓN ECOLÓGICA RIKCHARINA

Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Fomentar o desenvolvemento social, económico, ambiental e cultural da rexión  fronteiriza conformada polos cantóns Quilanga, Calvas e Espíndola do  Ecuador, e os distritos de Ayabaca, Montero, Sicches y Jililí de Perú, a través da implementación de propostas de integración transfronteiriza. 
Achegar ao melloramento da saúde dos grupos humanos considerados vulnerables (nenas, nenos e mulleres) en 24 comunidades da fronteira

Resultados e actividades: 

- Atención médica a nenas e nenos. Nas escolas brindarase atención médica  ao 100% da poboación
 - Atención odontolóxica a nenas e nenos. Os problemas de saúde bucal dentro da pobaoción infantil son un grave problema que se pretende paliar coa atención odontolóxica nas escolas
- Campañas de saúde reprodutiva a mulleres. 1250 mulleres en idade fértil das seis comunidades recibiran atención xinecolóxica. Ademais recibirán charlas educativas  para sensibilizar na importancia que ten realizar revisións xinecolóxicas unha vez cada doce meses
- Construción e adecuación das unidades de saúde. Implementación dun equipo de dúas unidades  de saúde ubicadas na zona rural do ámbito de intervención do proxecto
- 12 comunidades contan e acceden a un programa de alfabetización permanente a través da metodología REFLECT ACTION coa que se obtén un dobre impacto, por un lado que a poboción aprenda a ler e escribir e por outra a ser crítica e analítica fronte aos problemas sociais
- Promoción  e difusión do turismo comunitario sobre todo do corredor turístico binacional, realizado mediante un programa de sensibilización
- Eventos de motivación, concertación e negociación da proposta de xestión ambiental concertada cos gobernos locais
- Persoas alfabetizadas de 12 comunidades fortalecen os seus coñecementos a través de emprendementos produtivos 

Poboación beneficiaria: 

11.500 persoas agrupadas en 2300 familias que viven na fronteira ecuatoriana- peruana    

Axudas: 

314000