PROGRAMA PARA O FORTALECEMENTO DE PEQUENOS PROCESADORES DE LEITE NO SUROCCIDENTE DE GUATEMALA
Maior desenvolvemento do sector lácteo guatemalteco e polo tanto mellora da calidade de vida da xente dependente deste, mediante o apoio integral das pemes e mepemes transformadoras de leite da zona suroccidente do país e axudando a que se consoliden como xeradoras de emprego e de desenvolvemento rural
Cámara de productores de leche de Guatemala
Mellorar as condicións de produtividade de 30 pemes e micropemes lácteas do suroccidente de Guatemala que reduciron nun 50% as súas producións de calidade microbiolóxica deficiente, formaron ao 100% dos seus recursos humanos en todos os ámbitos da cadea láctea (produción-xerencia-respecto ao medioambiente) e iniciaron/completaron ou actualizaron os requirimentos para o rexistro sanitario oficial e a adecuación á normativa
- Elaboración da lista de pemes a enquisar durante o levantamento de necesidades en función dos datos do Ministerio de Agricultura.
- Elaboración do modelo de enquisa.
- Realizar enquisa e extraer os resultados.
- Seleccionar as 20 pemes que conformarán o grupo piloto.
- Formación en HACCP aos técnicos de CPLG.
- Aplicar o método HACCP para a identificación dos puntos críticos de control nas pemes do grupo piloto.
- Establecer unha rutina de analíticas de control de calidade microbiolóxica e físico-química realizadas pola CPLG durante o período de acompañamento.
- Formar o 100% dos recursos humanos das 20 pemes implicadas.
- Recompilar e analizar o contexto normativo que regula en Guatemala a calidade sanitaria e os requisitos legais dos produtos lácteos factibles de fabricación artesanal.
- Validar o estado das pemes do grupo piloto en relación á súa situación normativa e corrixir situacións fóra da legalidade.
- Realizar o control de execución técnico-financiero durante toda a execución do proxecto.
- Definir unha estratexia de "chuvia fina" como promoción directa do proxecto.
- Realizar unha acción de promoción dos obxectivos do proxecto, resultados e actividades aproveitando a Asemblea Xeral anual da Federación Panamericana de Lechería que terá lugar en Guatemala en outubro de 2009
1.560 persoas
Directa: Estímase unha media de tres persoas por cada peme do grupo piloto, o que supón un total de 60 beneficiarios directos do proxecto.
Indirecta: A poboación beneficiaria tamén a constitúen os pequenos produtores de leite, que dependen directamente do éxito das plantas artesanais, e que podería estimarse preliminarmente nuns 1.500 beneficiarios indirectos.
89908