REACTIVACIÓN DA COLABORACIÓN EN CIENCIA E TECNOLOXÍA ENTRE GALICIA E A REPÚBLICA DOMINICANA: MEDIDAS DE ACOMPAÑAMENTO PARA O FORTALECEMENTO DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN SUPERIOR, CIENCIA E TECNOLOXÍA E O DESENVOLVEMENTO DA SÚA POLÍTICA DE I+D+i
O proxecto REACYT enfoca a cooperación para o desenvolvemento promovida pola Xunta de Galicia desde o punto de vista da mellora da política de innovación do Goberno da República Dominicana. Expón o deseño de novas accións de apoio á Secretaría de Estado de Educación Superior, Ciencia y Tecnología (SEESCyT), sobre a base da detección das demandas existentes en Ciencia e Tecnoloxía, co fin de actuar da forma máis próxima ás necesidades dominicanas.
Período de execución: xullo – decembro 2009
SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN SUPERIOR, CIENCIA Y TECNOLOGÍA (SEESCyT)
PONTIFICIA UNIVERSIDAD CATÓLICA MADRE Y MAESTRA (PUCMM)
Retomar a liña de cooperación galego-dominicana en Ciencia e Tecnoloxía e determinar a evolución das accións de política científica e tecnolóxica durante o período 2006-2009, con deseño de novas accións de cooperación coa Secretaría de Estado de Educación Superior, Ciencia y Tecnología (SEESCyT) nesta materia fundamental para o desenvolvemento da República Dominicana
Recollida e elaboración de documentación sobre publicacións e normativas relacionadas coa Ciencia e Tecnoloxía na República Dominicana no período 2006-2009.
Reunións de traballo con axentes crave da Ciencia e Tecnoloxía dominicanas para determinar os logros alcanzados en Ciencia e Tecnoloxía o período 2006-2009.
Reunións de traballo con responsables políticos da Secretaría de Estado de Educación Superior, Ciencia y Tecnología (SEESCyT) para determinar as previsións de actuación política en materia de Ciencia e Tecnoloxía no período (2010-2012).
Deseño de nova planificación de accións de cooperación de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia con República Dominicana.
Celebración dun Seminario sobre indicadores de Ciencia e Tecnoloxía en América Central e Caribe.
Celebración dunha Xornada sobre cooperación internacional en materia de Ciencia e Tecnoloxía.
Directa: o conxunto das institucións que operan no sistema de innovación: a universidade, a empresa, a administración pública
61900