Proxectos

Desenvolvemento sostible e seguridade alimentaria mediante acuicultura na comunidade campesiña de Santa Bárbara. Perú

O presente proxecto pretende dotar á Comunidade Campesiña Santa Bárbara dun recurso económico propio capaz de contribuír á redución da pobreza, á creación dunha alternativa alimentaria e á xeración de emprego. A este respecto, 32 familias pertencentes á citada Comunidade, que constitúen a asociación APAP (Asociación de Produtores Agropecuarios de Parionaccocha, Santa Bárbara-Huancavelica), de acordo cos principios que rexen o funcionamento desta comunidade indíxena, desexan levar adiante o proxecto "Desenvolvemento sostible e seguridade alimentaria mediante acuicultura na comunidade campesiña Santa Bárbara", contando para iso coa participación e a colaboración da Universidade de Vigo.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Huancavelica (departamento)
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE VIGO
ANFACO-CECOPESCA - Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos
Contraparte: 

Asociación de Produtores Agropecuarios de Parionaccocha, APAP. Comunidade Campesiña Santa Bárbara, Huancavelica (Perú)

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Objetivo general: Contribuír ao desenvolvemento sostible e á seguridade alimentaria da Comunidade Santa Bárbara, en Huancavelica (Perú).
Objetivo específico: Mellorar as condicións socioeconómicas da Comunidade Santa Bárbara, a través da acuicultura como elemento de desenvolvemento sostible e de loita contra a inseguridade alimentaria.

Resultados e actividades: 

- Construción dun camiño de acceso desde a estrada actual ata o lugar de instalación da piscigranja.
- Adquisición dun vehículo para acceder á piscigranja e facilitar o transporte á lagoa.
- Construción dos módulos de incubación e alevinaxe.
- Construción das gaiolas de engorde de troitas.
Compra embarcación
Compra de equipos auxiliares.
- Construción da nave prevista, cos seus dous módulos.
Compra de equipamento
- Adquisición equipos control de augas.
- Obradoiro de capacitación en produccion de ovos embrionados, alevíns, manexo e engorde de troitas
- Supervisión e control técnico e económico de instalacións e contas.
- Control ambiental e paisaxístico do estado final dos terreos da piscigranja e a súa contorna.
- Compra e incubación dos ovos embrionados.
- Engorde de alevíns e troitas
- Obradoiro de capacitación en xestión de negocios, vendas e comercio de pescado
- Control técnico e económico instalacións e orzamentos.
- Control dos parámetros ambientais na piscifactoría e a súa contorna.
- Promoción e sensibilización para o consumo de troitas con folletos bilingües en charlas e mesas redondas.
- Campaña promoción da piscigranja.
- Cursos e obtadoiros de capacitación en boas prácticas de hixiene e manipulación de produtos acuícolas.
- Elaboración dunha axenda de traballo coas mulleres de APAP
- Valoración e discusión das experiencias e inquietudes recollidas en base á axenda de traballo.
- Xornada de participación infantil; realización de debuxos rápidos polos nenos.
Publicación bilingüe para difundir as actuacións realizadas e as conclusións alcanzadas polo colectivo de mulleres APAP.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 32 familias campesiñas, aproximadamente 214 membros dos que 124 son mulleres e 90 varóns.
Indirecta: a comunidade de Santa Bárbara: 425 familias (aproximadamente 2.855 persoas: 1558 mulleres e 1297 varóns).

Axudas: 

155.360,00 € (2011: 54.376,00 € - 2012: 100.984,00 €)