Capacitando: fortalecendo capacidades das e dos docentes do distrito de San Juan de Lurigancho a través da creación e impulso dun centro de recursos para beneficio de nenas, nenos e adolescentes con necesidades educativas especiais. Perú
Con este proxecto búscase contribuír de xeito concreto á inclusión educativa das nenas, nenos e adolescentes con discapacidade do distrito de San Juan de Lurigancho (Lima), brindándolles docentes capacitados, formados e con recursos educativo-pedagóxicos de calidade para articular unha atención educativa que dea resposta ás súas necesidades, garantindo así o dereito á educación.
Esta meta preténdese acadar a través da creación dun Centro de Recursos para docentes, que teña como principais beneficiarias directas ás/aos docentes que teñan nas súas aulas ordinarias alumnado con discapacidade, e ás/aos docentes de educación básica especial, á que asisten persoas con grande discapacidade.
No Centro de Recursos ofertarase por unha banda formación específica, e por outra asesoramento continuado en función da necesidade específica de cada docente, que terá á súa disposición, non só asesoramento profesional, senón que se lles facilitará o acceso a material especializado en función da necesidade.
Dende o Centro as persoas docentes serán “acompañadas” por profesionais con formación e experiencia específica neste eido, para garantir o éxito e a continuidades académica do alumnado con discapacidade que acude a centros ordinarios, e para asegurar unha atención de calidade ao alumnado con discapacidade severa.
Asociación de apoio e promoción do excepcional “ Yancana Huasy”
Obxectivo Xeral: Contribuír a unha eficiente formación académica do alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE).
Obxectivo Específico: Incrementar a eficiencia no desempeño profesional do profesorado que ten alumnado con NEE.
Resultado 1.1.: Centro de recursos para docentes de persoas con NEE creado, equipado e en funcionamento.
Actividades:
A.1.1.1.: Creación dun centro de recursos (adecuación do espazo físico e dotación de materiais).
A.1.1.2.: Atención permanente no Centro de recursos.
Resultado 1.2.: Aumentadas as capacidades e estratexias das e dos docentes que prestan atención educativa a alumnado con NEE.
Actividades:
A.1.2.1.: Capacitación de docentes.
A. Coordinación e seguimento do proxecto.
Directa: Docentes de educación básica regular (inclusivos) e de básica especial (para persoas con grande discapacidade) que desenvolven as súas funcións profesionais no UGEL nº5. 200 docentes recibirán formación específica en función das súas necesidades. O profesorado que existe neste distrito educativo mostra unha predominancia do sexo feminino, sendo o 80% mulleres e o 20% restante homes.
Indirecta: Alumnado con discapacidade que acude aos centros sostidos con fondos públicos no distrito educativo do UGEL nº5. Na educación inclusiva contémplase un total aproximado de 300 estudantes como beneficiarios indirectos; así mesmo contémplase que 200 estudantes con grande discapacidade e múltiple, se beneficien do proxecto nas escolas de educación especial. As idades do alumnado oscila entre un e 20 anos de idade, existindo un maior número de homes matriculados que de mulleres, cunha relación estatística de 60-40.
18439