Crear unha rede galega de participación cidadá para dar pulo á transformación social baseada na Ética do Coidado con enfoque DDHH e de Xénero (Rede cidadá con ética do coidado)
O presente proxecto, nace co obxectivo de xerar un novo modelo de desenvolvemento e transformación social baseado na ética do coidado con enfoque de xénero e a relación que ésta ten coa construción da paz, a sostibilidade ambiental, a inclusión social e o pleno goce dos dereitos humanos de todas as persoas. Para facelo trabállanse tres eixos fundamentais:
1) A construción e/ou afianzamento de vínculos de confluencia ao interior das comunidades educativas en base ao tema da coeducación con énfase nos coidados, en tres áreas xeográficas: Viana do Bolo (Ourense), Tomiño (Pontevedra) e outra zona rural por determinar.
2) A formación dunha rede de intercambio e solidariedade.
3) A formación da rede de masculinidades.
Impulsar na cidadanía galega procesos socio-educativos capaces de xerar, a nivel persoal e colectivo, cambios que promovan un novo modelo de desenvolvemento baseado na ética dos coidados e a relación que esta ten coa construción da paz, a sostibilidade ambiental, a inclusión social e o pleno goce dos dereitos humanos de todas as persoas, no que a vida, con perspectiva de xénero, sexa o centro.
Contribuír á mobilización da sociedade civil galega para a conformación de redes de confluencia en torno ao tema da ética dos coidados con enfoque de xénero, ao interior das comunidades educativas, entre a xuventude e con respecto ao tema das masculinidades.
Resultado 1: Redes de confluencia das comunidades educativas.
As comunidades educativas (alumnado, profesorado, familias e outros colectivos) sensibilízanse e implícanse activamente coa coeducación e os coidados, organizando accións sectoriais e conxuntas en cada zona de traballo (Viana do Bolo, Tomiño e outra).
Actividades:
A.1.1: Realización dun proceso de sensibilización e incidencia sobre o tema da ética dos coidados con enfoque de xénero con parte do alumnado das tres zonas identificadas, combinando a realización de obradoiros co traballo práctico deles.
A.1.2: Co apoio dos CEFORES, realización de procesos formativos sobre coeducación e o tema dos coidados co profesorado das tres zonas identificadas, combinando a participación aos presenciais coa multiplicación dos contidos nos seus centros educativos. Procurarase facer algún intercambio de experiencias entre os profesores das diferentes zonas de traballo.
A.1.3: Realización de procesos formativos en torno ao tema da ética do coidado cas familias e outros colectivos das tres zonas identificadas, e apoio para que se involucren nas actividades de sensibilización e/ou incidencia.
A.1.4: Divulgación en diferentes lugares da sistematización sobre o traballo en xénero e coeducación desenvolvido polo profesorado no curso 2010-2011, financiado pola Xunta de Galicia.
A.1.5: Redacción, diagramación, edición e divulgación da sistematización sobre o proceso desenvolvido en Tomiño dende o ano académico 2012-2013 ata finais do curso.
Resultado 2: Rede solidaria da mocidade.
Parte da mocidade galega, do alumnado e do profesorado universitario mobilízanse para seguir un proceso de formación sobre a importancia da cooperación para o desenvolvemento e as causas que xeran a pobreza e para, en paralelo, involucrarse activamente na construción dunha rede solidaria en torno ao tema da ética dos coidados
Actividades:
A.2.1: Realización dun proceso formativo continuado en EpD a través de oito ou nove módulos, coa mocidade e o profesorado galego, afondando sobre a cooperación para o desenvolvemento e as causas que xeran a pobreza, conformando en paralelo con esas mesmas persoas a rede solidaria da mocidade que terá a sede en Santiago de Compostela.
A.2.2: Divulgación e realización de obradoiros e/ou o cursos de verán, coa temática da Campaña de Coidados, en colaboración coa USC, en Santiago de Compostela ou nalgún Concello de Galicia, dirixido ao profesorado e ao alumnado do ámbito universitario, e ao profesorado non universitario, facendo coincidir estas actividades con outras accións da campaña na que poidan involucrarse as persoas participantes.
Resultado 3: Rede de masculinidades.
Contáctase con parte das persoas formadas intensivamente durante o presente ano académico no tema das masculinidades, para darlle seguimento ao tema e rematar conformando unha rede en torno ao tema.
Actividades:
A.3.1: Integración da temática das masculinidades, tanto no traballo coas comunidades educativas (nas tres zonas identificadas), como no da rede de intercambio e solidariedade (en Santiago), contando para elo co apoio das persoas formadas no tema durante o pasado ano académico 2012-2013.
A.3.2: Organización do II “EQUINOCIO”, sobre o tema de masculinidades, que tería unha duración de 30 horas, e estaríase a realizar en Cospeito, Lugo.
A.3.3: Organización de tres xuntanzas de intercambio (probablemente en Santiago), de cara á formación da rede de masculinidades, entre homes interesados no tema e formados dun xeito intensivo previamente por parte de InteRed.
Resultado 4: Accións transversais do proxecto.
O persoal de InteRed e a poboación obxectivo colaboran activamente na etapa de identificación e na promoción do uso das novas tecnoloxías da comunicación, o que permite que o proxecto teña unha maior eficacia.
Actividades:
A.4.1: Redacción dun documento de identificación realizado de forma participativa coa poboación obxectivo, concretando a situación basal, as liñas a impulsar en cada eixo de traballo e as zonas xeográficas da intervención.
A.4.2: Formación do persoal de InteRed e de parte da poboación obxectivo, no uso das novas tecnoloxías da comunicación e seguimento para a súa posta en práctica ao longo do proxecto.
A.4.3: Coordinación, seguimento e avaliación do proxecto, por parte do equipo máis implicado na súa execución, cada tres meses.
A.4.4: Elaboración dun informe de avaliación externa que permita valorar os logros e os puntos febles da intervención, de cara a novos proxectos.
Directa: 290 ( 153 mulleres)
Indirecta: 1022
29.995,00 (2013:11.998,00 ; 2014:17.997,00)