Proxectos

Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego

Este proxecto de Asemblea de cooperación pola Paz agrupada co Asociación Galega de Reporteiros Solidarios -AGARESO constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD. As accións programadas inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres. Preténdese contribuír a fomentar e fortalecer un clima de tolerancia, solidariedade, democracia e respecto, desde a conciencia crítica e a pluralidade en 10 centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, que ao longo do curso adquiren un compromiso que se concreta nas actividades de Escolas Sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento (ESR,EPD). Como novidade no curso 2015/2016 reforzarase o compoñente de xénero e o efecto multiplicador do proxecto

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento en Galicia.
Obxectivo específico: Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Facilitados recursos e ferramentas educativas para a reflexión e o análise das realidades, global e local, interculturalidade e xénero en 10 comunidades educativas galegas.
Actividades:
A1.1.1. Xuntanzas de presentación e seguimento
A1.1.2. Manifesto Escolas Sen Racismo
A1.1.3. Por un mundo de cores
A1.1.4. Teatro Forum sobre xénero, interculturalidade e prevención de conflitos.
A1.1.5. Formación en Teatro Forum
A1.1.6. Mira Tí
A1.1.7. Guía “A Paz no Cine”
A1.1.8. Ciclo de Obradoiros de prevención da Violencia de Xénero co alumnado de secundaria
A1.1.9. Curso de Formación en ED e Xénero ao Profesorado
A.1.1.10. Deseño e posta en marcha dun Plan de acción coa ANPA do CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa)
Resultado 1.2: Melloradas e aplicadas as capacidades do alumnado de 4 centros educativos (primaria e secundaria) en materia de comunicación para o desenvolvemento para a creación dos seus propios discursos solidarios.
Actividades:
A1.2.1. Elaboración das sesións formativas dos Obradoiros de radio, e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.2. Realización das sesións formativas dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.3. Elaboración do blog dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.4. Avaliación de todas as sesións formativas do alumnado dos obradoiros.
A1.2.5. Deseño e distribución dos dvd cos programas de radio e televisión dixital resultantes dos obradoiros.
Resultado 1.3. Fortalecidas as capacidades e os coñecementos do alumnado universitario galego en materia de cooperación e comunicación para o desenvolvemento.
Actividades:
A1.3.1. Deseño e distribución dos materiais de difusión do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do curso de Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
A1.3.2. Elaboración do programa do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do curso de Introdución á cooperación e cooperación para o desenvolvemento
A1.3.3. Realización do curso de Introdución á Cooperación e a Educación para o desenvolvemento.
A1.3.4. Selección dos participantes no Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional
A1.3.5. Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC.
A1.3.6. Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC, módulo práctico en Marrocos.
A1.3.7. Seguimento e avaliación dos cursos tanto nas universidades como na parte práctica en terreo.
Resultado 1.4: Ao finalizar o proxecto, implementado un plan de seguimento e avaliación participativo do proxecto e un plan de comunicación.
Actividades:
A1.4.1. Deseño e posta en marcha do Plan de Comunicación
A1.4.2. Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación
A1.4.3. Test de Tolerancia
 

Poboación beneficiaria: 

Directa
As/os beneficiarias/os directas/os son un mínimo de 936 persoas, entre alumnado de ensino non universitario (infantil, primaria, secundaria) e universitario, os equipos docentes e de orientación nais e pais.
Indirecta
As/Os beneficiarias/os indirectas/os serán aproximadamente 3.000 persoas, distribuídas entre: as 10 comunidades educativas onde se leva a cabo o proxecto, posto que repercute nunha mellor convivencia nos centros; as familias e grupos de iguais do alumnado; e o sector da cooperación internacional en Galicia que se ve reforzado polas accións formativas desenvolvidas por ACPP e AGARESO.
 

Axudas: 

40.000,00 €; 16.000,00 € (2015) e 24.000,00 € (2016)