Proxectos

Fomento da conciencia social e a capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Navia de Suarna, Viana do Bolo e A Guarda.

O proxecto EpD_LAB da Asociación galega de reporteiros solidarios-AGARESO é un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolverá en 5 centros educativos de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Ames, Boiro, Navia de Suarna, Viana do Bolo e A Guarda) e un de Latinoamérica (Tecoluca, El Salvador). O obxectivo principal de EpD_LAB é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores, centrada na comunicación para o desenvolvemento e a cooperación. O proxecto traballará na produción de contidos transmedia ao redor desta temática, facilitando que tanto alumnado como profesorado fagan un uso activo das TIC, dando a coñecer a súa realidade e establecendo redes de aprendizaxe mutua entre eles. Este proceso levarase a cabo durante o curso escolar 2015-2016, e, unha vez rematado, o proxecto pasará a ser un ente autónomo, sostible e autoxestionado pola propia comunidade educativa.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral:  Sensibilización social respecto a desigualdade social e as causas da pobreza, valorando o papel da comunicación nos procesos de transformación social.
Obxectivo específico: Fomento da conciencia social e a capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Navia de Suarna, Viana do Bolo e A Guarda.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Ao mes 12, adquirido polo alumnado maior coñecemento da problemática, tanto dos países do Sur como da súa contorna.
Actividades
A1.1.1: Realización dun obradoiro sobre a realidade de El Salvador.
A1.1.2: Realización dun obradoiro sobre os desequilibrios que fundamentan as acción de Cooperación ao Desenvolvemento.
A1.1.3: Incorporación á programación do curso as temáticas de medio ambiente, xénero, racismo, pobreza e comercio xusto.
A1.1.4: Elaboración e cumplimentación de enquisas para o alumnado.
Resultado 1.2: O mes 3, polo menos 1 docente por centro educativo está formado no uso da plataforma
Actividades
A1.2.1: Encontro formativo do profesora participante no proxecto.
A1.2.2: Elaboración e entrega de materiais ao profesorado.
Resultado 1.3: Ao mes 10, os 175 alumnos e alumnas aplica as súas novas competencias tecnolóxicas e de tratamento da información
Actividades
A1.3.1: Impartir 8 sesións formativas en 5 centros educativos galegos sobre técnicas audiovisuais e comunicación para o desenvolvemento. A continuación, detallamos contidos, tarefas e obxectivos específicos para cada sesión.
A1.3.2: Xestionar a produción de pezas audiovisuais específicas en cada un dos centros educativos por parte do alumnado.
A1.3.3: Posta en marcha da ferramenta de Observatorio da Desigualdade nas redes socias.
Resultado 1.4: Ao mes 6, conforma unha rede virtual de intercambio de experiencias Galicia-El Salvador
Actividades
A1.4.1: Posta en marcha da plataforma web de intercambio de experiencias.
A1.4.2: Realización de 5 vídeo-cartas sobre a realidade galega e 4 sobre a realidade salvadoreña.
A1.4.3: Elaborar conxuntamente co IES de Tecoluca unha metodoloxía de participación na plataforma web.
Resultado 1.5: O mes 12, creadas ferramentas de difusión e sistematización dos produtos elaborados nos obradoiros para garantir o seu efecto multiplicador.
Actividades
A1.5.1: Realizar dun diario de campo do traballo realizado durante os obradoiros.
A1.5.2: Elaborar dunha guía de contidos da experiencia do proxecto para divulgar entre a comunidade educativa.
A1.5.3: Presentar os produtos finais dos obradoiros en cada centro educativo.
A1.5.4: Elaborar e por en práctica unha campaña específica de difusión do proxecto.
A1.5.5: Edición dun vídeo resumo dos resultados do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa
Os principais beneficiarios de esta acción son os rapaces e rapazas obxecto das formacións e responsables da continuidade do mesmo, xunto aos docentes formados ad hoc para o acompañamento do alumnado e o rol de cabeza visible e enlace do proxecto. En total formarase a 175 adolescentes, como mínimo, aínda co número podería variar en función da matrícula escolar do vindeiro ano. Así mesmo, tamén contamos con 16 docentes dos centros (7 homes e 9 mulleres).
Indirecta

  • Alumnado do Centro Educativo en Tecoluca (El Salvador): 17 alumnos/as, entre nenos e nenas
  • Resto de docentes dos centros participantes: 167 docentes
  • Alumnado dos centros escolares que asistan ás presentacións: un total de 1257 nenos e nenas.
  • Os habitantes dos concellos no que se insiren os centros contabilízanse como beneficiarios indirectos, un total de 63.716 cidadás e cidadáns.
  • O persoal docente doutros centros así como os seguidores das redes e o público obxectivo dos xornais será obxecto do proxecto de xeito indirecto. O total de docentes en Galicia e de 28.678 en activo, aos que se fará chegar a información de forma directa. O total de seguidores da páxina de facebook da organización é de 2.086 a día de hoxe.
Axudas: 

29.981,00 €; 11.992,40 € (2015) e 17.988,60 € (2016)