Proxectos

Enfoque de dereitos e desenvolvemento humano para unha educación inclusiva, intercultural e bilingüe, en 57 Unidades Educativas do Municipio de Poroma, en Bolivia

O proxecto, en coordinación con o Programa Nacional de Alfabetización "Yo sí puedo", propón consolidar o acceso, garantir a permanencia, mellorar a capacidade docente e de xestión, así como ampliar e mellorar a participación cidadá na xestión educativa, para mellorar a calidade da educación como dereito da nenez e adolescencia, posibilitando bases imprescindibles contempladas na regulamentación da nova Lei de Educación que prevé a Educación Primaria como Comunitaria Vocacional e a Educación Secundaria como Comunitaria Produtiva.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Poroma (municipio)
Axentes: 
FUNDACIÓN FABRE
Contraparte: 

Fundación Intercultural Nor Sud

Código CRS: 
11220 - Educación primaria
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír ó melloramento cualitativo da educación primaria e secundaria rural, con equidade, en 8 núcleos (57 unidades educativas) do sistema educativo do Municipio de Poroma, en Bolivia, con perspectiva de redución da pobreza.
Obxectivo específico: Aplicación efectiva do enfoque de dereitos e desenvolvemento humano para unha educación inclusiva, intercultural e bilingüe, a partir da innovación pedagóxica e administrativa (titulares de obrigacións) e participación comunitaria (titulares de dereitos) na xestión da educación, en equidade de xénero.

Resultados e actividades: 

Resultado.1.1 Mellorouse a práctica pedagóxica e de xestión escolar do persoal docente e executivo, para a aplicación da Educación Primaria Comunitaria Vocacional e a Educación Secundaria Comunitaria Produtiva, prevista na nova lei de Educación Boliviana (eficiencia).
Actividades
A.1.1.1 Organizar e monitorear o obradoiro interinstitucional sobre pedagoxía comparada e adaptacións curriculares á nova lei de educación, dirixido á plantel docente e administrativo do Distrito Escolar de Poroma.
A.1.1.2 Aplicar obradoiros de capacitación a docentes sobre planificación Pedagóxica, sistema de avaliación e elaboración do material didáctico, con metodoloxía de ensino intercultural bilingüe, para primaria vocacional e secundaria produtiva, de acordo coa nova Lei.
A.1.1.3 Capacitar a docentes sobre inclusión temática no aula, de transversais sobre xénero, medio ambiente e interculturalidade, con enfoque de dereitos.
A.1.1.4 Executar o seguimento e apoio técnico ó proceso de aplicación da currícula e metodoloxías.
A.1.1.5 Organizar e executar feiras educativas a nivel de núcleo e Olimpíadas do saber a nivel de Distrito, nas áreas curriculares, de transversais e de dereitos.
A.1.1.6 Aplicar obradoiros de capacitación a Directores e profesores encargados de Núcleo, para seguimento ó proceso de xestión administrativa.
A.1.1.7 Actualizar bibliografía de cada Núcleo (metodoloxías de ensino, transversais e dereitos), aplicar na Distrital Poroma unha Biblioteca con equipo informático e capacitar a docentes en uso pedagóxico de computadoras persoais dotadas polo Goberno.
A.1.1.8 Organizar e difundir cuatrimestralmente, información sobre procesos e resultados técnicos e administrativos, a todos os actores intervenientes do sector educativo.
Resultado.1.2 Fortalecida a organización e participación comunitaria e a de estudantes organizados, na xestión da Educación, con enfoque intercultural e bilingüe, facendo énfase na titularidade de dereitos que lles asisten para incidencia pública (eficacia).
Actividades
A.1.2.1 Organizar e acompañar o “Encuentro” intercomunitario de Poroma, para análise sectorial e programación consensuada de eventos de capacitación e organización.
A.1.2.2 Realizar obradoiros de capacitación para Xuntas escolares sobre as súas funcións e atribucións dentro do sistema educativo actual, así como para creación e/ou consolidación de Sub comités de xestión do almorzo escolar.
A.1.2.3 Realizar obradoiros de información e capacitación comunitaria (Xuntas escolares), para a elaboración do PEU a nivel de escola.
A.1.2.4 Efectuar o seguimento do cumprimento de funcións das Xuntas escolares na execución dos PEUs e aos Sub comités de xestión do almorzo escolar.
A.1.2.5 Aplicar eventos de difusión e capacitación comunitaria, sobre dereitos e transversais de xénero, medio ambiente e interculturalidade.
A.1.2.6 Propiciar e acompañar a conformación da asociación de estudantes de secundaria de Poroma e difundir e capacitar sobre os seus dereitos e a normativa vixente para exercelos.
A.1.2.7 Executar obradoiros de capacitación a profesores/as e Xuntas escolares na metodoloxía para o aproveitamento dos hortos escolares e viveiros comunais, como espazos de aprendizaxe e aplicación inicial do Bachillerato produtivo humanístico previsto na nova Lei de Educación.
A.1.2.8 Organizar e difundir cuatrimestralmente, información sobre procesos e resultados técnicos e administrativos, a todos os actores intervenientes titulares de dereitos.

Poboación beneficiaria: 

Directa: a poboación beneficiaria directa está composta polos alumnos escolares (3.584 alumnos); 21 autoridades e técnicos municipais vinculados ó sistema; 210 profesores e 35 directores e administrativos; e 114 representantes das Xuntas Escolares. Total: 3.964 persoas.
Indirecta: a poboación beneficiaria indirecta está composta polo resto de habitantes (13.385 persoas).

Axudas: 

142.060,00 € (2015: 71.030,00 €; 2016: 71.030,00 €)