Proxectos

Escolas Rurais participativas con emprendementos produtivos sostibles e acceso a tecnoloxías da información e comunicación, articuladas ó Centro de Formación Técnica Binacional, na mancomunidade da Subcuncha do río Chipillico, Piura. Perú

O proxecto busca mellorar a capacidade de xestión das escolas rurais para que os estudantes logren aprendizaxes significativos para o contexto produtivo e ecolóxico da comunidade e accedan a tecnoloxías da información e comunicación que permita facilitar o dereito de acceso á información.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
Contraparte: 

Asociación Chira para la Formación Técnica - Cuenca Hidrográfica Catamayo Chira - Perú

Código CRS: 
11110 - Política educativa e xestión administrativa
11330 - Formación profesional
11130 - Formación do profesorado
11220 - Educación primaria
11320 - Educación secundaria
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellorar a calidade educativa en escolas de comunidades rurais para que os estudantes logren aprendizaxes significativos para o contexto produtivo e ecolóxico da comunidade e accedan a tecnoloxías da información e comunicación que permita facilitar o dereito de acceso á información.
Obxectivo específico: Mellorar a calidade educativa e gobernanza democrática en 16 escolas rurais mediante a súa contextualización produtiva, ecolóxica e tecnolóxica e a súa articulación en Redes Educativas Rurais.

Resultados e actividades: 

Resultado.1.1 Fortalecida a gobernanza democrática de 16 escolas mediante a súa participación en Redes Educativas Rurais e a consolidación da participación de estudantes e familias na planificación e xestión interna.
Actividades
A.1.1.1 Capacitación a 4 Redes Educativas Rurais (RER) da subcuncha do río Chipillico.
A.1.1.2 Capacitación en xestión educativa a directores e docentes.
A.1.1.3 Capacitación a 100 líderes de municipios estudantís, para o fortalecemento organizacional das escolas rurais.
A.1.1.4 Capacitación a 100 líderes de asociacións de pais e nais de familias (AMAPAFAS), para o fortalecemento organizacional das escolas rurais.
A.1.1.5 Elaboración de 02 cartillas en xestión educativa e municipios estudantís.
A.1.1.6 Encontro de líderes estudantís, para intercambio de experiencias con contidos transversais de educación produtiva e TICs.
A.1.1.7 Organización e planificación de Redes Educativas Rurais (RER).
A.1.1.8 Organización e planificación de Redes Educativas Rurais (RER).
Resultado.1.2 Mellorada a calidade educativa en escolas rurais mediante a aplicación dun programa de educación produtiva con emprendementos sostibles.
Actividades
A.1.2.1 Elaboración dunha proposta participativa de educación produtiva para a escola rural, con enfoque ambiental e intercultural.
A.1.2.2 Capacitación a docentes do área de Educación para o Traballo (EPT) en educación produtiva e emprendementos sostibles, nivel secundario.
A.1.2.3 Capacitación a docentes do área de Ciencia e ambiente (CA) en educación ambiental, nivel primario.
A.1.2.4 Elaboración de guía de educación produtiva e emprendementos sostibles agrarios para docentes do área de EPT.
A.1.2.5 Elaboración de guía de educación ambiental para docentes do área de Ciencia e Ambiente, nivel primario.
A.1.2.6 Organización e capacitación a 16 Comités de Xestión Produtiva das escolas rurais.
A.1.2.7 Aplicación e asesoramento de 16 módulos produtivos sostibles nas escolas rurais.
A.1.2.8 02 visitas de estudantes do nivel secundario ao Centro de Formación Técnica Binacional (CFTB).
A.1.2.9 Participación de estudantes del CFPB en aplicación e seguimento técnico de módulos produtivos en escolas rurais.
Resultado.1.3 Mellorada a calidade educativa en escolas rurais mediante a aplicación dun Programa de tecnoloxías da información e comunicación.
Actividades
A.1.3.1 Elaboración dunha proposta de capacitación en TICs para docentes de escolas rurais.
A.1.3.2 Capacitación en TICs para docentes de escolas rurais.
A.1.3.3 Réplica de capacitación a 48 docentes de outras áreas das escolas.
A.1.3.4 Construción de 02 Centros de TICs en Lacones y Sapillica.
A.1.3.5 Equipamento de 06 AulasTICs.
A.1.3.6 Equipamento dun centro de TICs no Centro de Formación Técnica Binacional – Mallares.
A.1.3.7 Elaboración e deseño de 08 entornos virtuais (blog) gratuítos difundindo as actividades das escolas.
A.1.3.8 Elaboración de instrumentos de xestión considerando as TICs como ferramenta para o aprendizaxe dos e das estudantes.
A.1.3.9 Conformación de redes virtuais para intercambio de experiencias persoais, educativas e produtivas con estudantes e o CFTB.
Resultado.1.4 Fortalecidas as políticas públicas para a consolidación do programa de educación produtiva e tecnolóxica en contextos rurais.
Actividades
A.1.4.1 Documento liña base do proxecto.
A.1.4.2 Participación en eventos públicos e espazos de concertación de educación produtiva e TICs.
A.1.4.3 Deseño e execución dun Plan de comunicación social para o proxecto.
A.1.4.4 Firma de convenios entre as institucións aliadas do proxecto para a súa execución e institucionalización da proposta.
A.1.4.5 Deseño e execución dun plan de monitorio e seguimento do proxecto.
A.1.4.6 Reunións de coordinación e sensibilización con Gobernos locais.
A.1.4.7 Documento de sistematización da experiencia.
A.1.4.8 Documento de avaliación do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: os actores involucrados directos son 16 Escolas de Primaria e de Secundaria; 152 directores e docentes de escolas primarias e secundarias; 128 líderes das Asociacións de pais e nais de familias de escolas primarias e secundarias; 4 redes educativas de escolas primarias e secundarias; 2.458 estudantes de escolas primarias e secundarias; 240 estudantes do Centro de Formación Técnica Binacional; e 3 Municipios da subcuncha do río Chipillico. Total: 2.978 persoas.
Indirecta: todas as familias ás que pertencen os alumnos e alumnas das institucións educativas do entorno, dos distritos da subcuncha do río Chipillico. Total: 56.775 habitantes.

Axudas: 

173.300,00 € (2015: 86.650,00 €; 2016: 86.650,00 €)