Oportunidades de formación vocacional e formación técnica con enfoque de xénero para poboación de barrios e comunidades marxinais en Nicaragua.
O obxectivo desta proposta consiste en garantir que 3.073 adolescentes e xóvenes (1.629 mulleres e 1.444 homes) de 12 centros educativos de Fe e Alegría en barrios e comunidades marxinais de 7 municipios do occidente e a capital de Nicaragua, accedan a unha orientación técnica vocacional (OTV) e unha formación técnica de calidade, baseada en criterios de equidade de xénero, que lles permita adquirir as ferramentas básicas que faciliten o seu paso á formación posterior e/ou ao mercado laboral.
Fundación Fe e Alegría Nicaragua.
Obxectivo Xeral: Mellorar nos centros educativos a calidade dos procesos e resultados da orientación vocacional e a formación técnica con énfase na equidade de xénero como plataforma de transformación social comunitaria.
Obxectivo Específico: Fortalecer as capacidades a 3.073 estudantes de educación básica, media e técnica (1.629 mulleres e 1.444 homes) a través da integración do enfoque de xénero nos procesos de ensino-aprendizaxe en 12 centros educativos por parte de 259 docentes e equipos directivos (209 mulleres e 50 homes).
Resultados e actividades:
R.1.1. 259 directivos, directivas e docentes (209 mulleres; 50 homes) de educación básica, media e técnica, melloraron nas súas habilidades técnico-pedagóxicas desde unha planificación didáctica con perspectiva de xénero.
A.1.1.1: Organización e realización de 3 talleres con docentes de OTV para a integración do enfoque de xénero na súa planificación (30 participantes x 4 talleres x 2 días)
A.1.1.2: Celebración dun Encontro Nacional con docentes de OTV e instrutores de Educación Técnica para socializar as experiencias de integración do enfoque de xénero na Planificación docente (30 participantes, 1 día)
A.1.1.3: Realización de tres Talleres rexionais de Planificación didáctica a Docentes de educación básica, media e técnica. (Norte (25), Occidente (25), Managua (25) = 75 participantes x 1 día).
A.1.1.4: Celebración de tres intercambios de experiencias rexionais con directivos, docentes de OTV e Instrutores Técnicos. (25 participantes x 3 eventos = 75, 1 día)
A.1.1.5: Dotación de material funxible para as clases prácticas de Orientación Técnica Vocacional e formación técnica en 12 Centros Educativos de Primaria, Secundaria e Técnica
A.1.1.6: Organización e celebración de tres Feiras Técnicas Vocacionais e Produtivas promovendo a Educación Técnica con enfoque de xénero nos centros: NSG, SIL e IBRA.
A.1.1.7: Realización de 60 acompañamentos técnico-pedagóxico para a implementación do enfoque de xénero na aula de clases de OTV. (1 visita x 10 meses x 12 centros).
R.1.2. 3.073 estudantes (1.629 mulleres; 1.444 homes) de 12 centros de FyA acceden a unha orientación vocacional e formación técnica sen rumbos de xénero e en harmonía co medio ambiente.
A.1.2.1: Realización dun estudo Técnico para a diversificación da oferta de formación técnica profesional no IBRA.
A.1.2.2: Organización e celebración de dous intercambios de experiencias con Centros de formación técnica profesional agropecuaria noutros territorios do país.
A.1.2.3: Realización de cinco cursos de habilitación laboral no Centro A nosa Señora do Rosario, SIL e IBRA (Operador en computadora, Micro-finanzas e Operador en computadora. Soldadura, Electricidade Residencial e Emprendemento)
A.1.2.4: Realización de dous cursos vocacionais para nenas e nenos traballadores NATRAS-Estelí (Computación e Corte-Confección-Sastrería)
A.1.2.5: Fornecer recursos didácticos para o fortalecemento dos recunchos de aprendizaxe en 6 aulas de Escolas Multigrado: San Francisco, San Ramón, San Rafael e Santa Ana.
A.1.2.6: Instalación de 3 hortos e 1 viveiro escolar para as prácticas da OTV nas primarias: Belén, Cristo Rey, Nazaret, e o viveiro no San Ignacio de Loyola.
A.1.2.7: Celebración de 24 Eventos para conmemorar efemérides e sensibilizar en temas de xénero e medioambiente. Segundo datas en calendario escolar 2016 (2 en cada Escola durante o Proxecto).
A.1.2.8: Relanzamento da oferta técnica con perspectiva de xénero en 6 Centros (Campaña divulgativa a nivel municipal: Estelí, Cidade Sandino, León, Somotillo, Mariitas
A.1.2.9: Realización de 36 acompañamentos pedagóxicos á formación vocacional e técnica dos 12 centros involucrados no Proxecto (3 visita x 12 centros)
Directa: Ó redor de 3.332 persoas: Estudantes de 5º e 6º de primaria, de 7º a 11º de secundaria que reciben a clase de Orientación Técnica Vocacional (en total 3.073 adolescentes e novos, 1.629 mulleres e 1.444 homes) que participan na educación básica, media, técnica nos 12 centros educativos integrados na proposta. 259 directivos, directivas, instrutores técnicos e mestres/as de OTV de primaria e secundaria (259 persoas; 209 mulleres e 50 homes) dos 12 centros educativos de Fe e Alegría que está a ser integrados na proposta. 30 nenos e nenas traballadores ( NATRAS) que participan nun programa especial de educación na escola Belén de Estelí.
Indirecta: ao redor de 16.660 persoas familiares dos beneficiarios e beneficiarias directos coa formación e outras actividades que promoverá o proxecto, facendo un cálculo de 5 familiares por cada beneficiario directo.
125.048.00€ (2016: 50.019,20 €; 2017: 75.028,80 €).