Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
Este proxecto constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega; que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD, financiado pola DXREeUE nas súas convocatorias de educación para o desenvolvemento entre os anos 2011 e 2016. As accións inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres. Contribúese a fomentar e fortalecer un clima de tolerancia, solidariedade, democracia e respecto, desde a conciencia crítica e a pluralidade en 8 centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra que, ao longo do curso adquiren un compromiso que se concreta nas actividades de Escolas Sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento (ESR,EPD) promovidas desde ACPP, AGARESO e pola súa comunidade educativa conxuntamente.
Obxectivo xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia.
Obxectivo específico: Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.
Resultado 1.1: Facilitados recursos e ferramentas educativas para a reflexión e o análise das realidades, global e local, interculturalidade, a resolución pacífica dos conflitos, xénero e participación cidadá en 8 comunidades educativas galegas.
A1.1.1. Xuntanzas de presentación e seguimento
A1.1.2. Manifesto Escolas Sen Racismo
A1.1.3. Guía de Contos transformadores
A1.1.4. Teatro Forum sobre xénero, interculturalidade e prevención de conflitos.
A1.1.5. Mira Tí
A1.1.6. De Profesión Cidadáns/ás (DPC) “Xénero” e “Migración e Refuxio” e “Democracia e Participación”
A1.1.7. Ciclo de Obradoiros de Deconstrución do amor romántico e prevención da Violencia de Xénero co alumnado de secundaria
A1.1.8. Reciclaxe Servizo de Mediación Escolar.
A1.1.9. Axenda Escolar Feminista
A.1.1.10. Escola de Familias
Resultado 1.2: Melloradas e aplicadas as capacidades do alumnado de 4 centros educativos (primaria e secundaria) en materia de comunicación para o cambio social para a creación dos seus propios discursos críticos.
A1.2.1. Obradoiro de radio de catro sesións nun centros educativos de primaria
A1.2.2.Obradoiro de técnicas audiovisuais nun centro educativo de secundaria
A1.2.3. Obradoiro de stop motion nun centro educativo de secundaria
A1.2.4. Obradoiro de TIC de catro sesións nun centro educativo de secundaria
A1.2.5. Presentacións públicas dos traballos finais dos obradoiros
A1.2.6. Elaboración do blog dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.7. Avaliación de todas as sesións formativas do alumnado dos obradoiros
Resultado 1.3. Fortalecidas as capacidades e os coñecementos do alumnado universitario galego en materia de cooperación e comunicación para o cambio social con enfoque de xénero.
A1.3.1. Deseño e distribución dos materiais de difusión do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do curso de Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
A1.3.2. Elaboración do programa do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do curso de Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
A1.3.3. Realización do curso de Introdución á Cooperación e a Educación para o desenvolvemento.
A1.3.4. Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC
A1.3.5. Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC, módulo práctico en Marrocos.
Resultado 1.4: Ao finalizar o proxecto, implementado un plan de seguimento e avaliación participativo do proxecto e un plan de comunicación.
A1.4.1. Deseño e posta en marcha do Plan de Comunicación
A1.4.2. Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación
A1.4.3. Deseño e elaboración dunha liña de base
Directa: Unhas 959 persoas, das cales 36 son mulleres e 23 homes, ademais de 450 nenas e 450 nenos
Dentro deste proxecto atopamos dous tipos de público obxectivo. Aínda que está dirixido á sociedade en xeral, presta especial atención aos axentes que forman a comunidade educativa facendo distincións entre os dous niveis de ensino: ensino non universitario (infantil, primaria, secundaria e familias-ANPAS) e ensino universitario.
Para o ensino infantil, primario, secundario e familias-ANPAS, baseámonos no programa ESR,EPD, dirixido especialmente aos axentes que forman a comunidade educativa: alumnado, profesorado, nais e pais. En concreto o presente proxecto ten como beneficiarias/os a docentes e alumnado de: educación Infantil (3-6 anos), primaria (6-12 anos), a etapa de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO de 12-16 anos) de 8 centros de ensino.
No ensino universitario, o público obxectivo é a mocidade galega interesada na cooperación internacional; un mínimo de 35 alumnos/as (15 no curso de Introdución á Cooperación e 20 no Seminario de Xornalismo Social).
Indirecta: As/os beneficiarias/os indirectas/os serán aproximadamente 3.000 persoas, distribuídas entre: as 8 comunidades educativas onde se leva a cabo o proxecto, posto que repercute nunha mellor convivencia nos centros; as familias e grupos de iguais do alumnado; e o sector da cooperación internacional en Galicia que se ve reforzado polas accións formativas desenvolvidas por ACPP e AGARESO.
45.000,00 €; 18.000,00 € (2017) e 27.000,00 € (2018)