Proxectos

Articulación da produción e o consumo dos produtos agropecuarios locais, mediante o desenvolvemento dunha ruta agroalimentaria gastronómica ao longo da estrada interoceánica sur, entre os distritos de Ccatcca e Ocongate, Cusco – Perú"

Este proxecto é parte da aposta institucional para superar a pobreza e exclusión da poboación rural da provincia de Quispicanchi mediante a diversificación produtiva, a agregación de valor e a articulación ao mercado da produción agropecuaria e agroindustrial rural; concretamente entre os distritos de Ccatcca  e Ocongate, articulando a produción e o consumo dos produtos agropecuarios locais, baixo un enfoque de desenvolvemento económico local inclusivo e produción sustentable.

Para o éxito desta estratexia, que permitirá o incremento dos produtores/as e emprendedores/as, traballarase a tres niveles: 1. A produción agropecuaria e agroindustrial 2. As canles de comercialización local e 3. Os gobernos e actores locais. En canto á produción agropecuaria e agroindustrial, o obxectivo é que os produtores e produtoras desenvolvan capacidades para mellorar a calidade dos seus produtos e a xestión de unidades produtivas. Respecto das canles de comercialización local, as emprendedoras que operan os restaurantes rurais e tendas de derivados lácteos, desenvolverán capacidades para mellorar a xestión, a atención e os servizos nos seus establecementos. Este desenvolvemento de capacidades complementarase con accións que promoverán o encontro de produtores, produtoras e comercializadores/as en espazos de coordinación para crear sinerxias e facer máis eficiente o proceso de comercialización. Por último, respecto ao traballo con gobernos e actores locais, involucralos desde o inicio para comprometelos no desenvolvemento da proposta e, de maneira conxunta, realizar accións planificadas e coordinadas para a promoción e posicionamento da ruta agroalimentaria e gastronómica do Ausangate.

Na provincia de Quispicanchi , especificamente nos distritos de Ccatcca  e Ocongate, a Asociación Jesús Obreiro (CCAIJO) executou previamente dous proxectos coa Xunta de Galicia, que contribuíron a que as familias campesiñas desenvolveran capacidades para a xeración de ingresos. O presente proxecto vai articular e potenciar os avances que se lograron ata o momento para xerar cambios sustentables na mellora dos ingresos das familias e, ademais, favorecer a dinamización da economía local.

A estratexia para mellorar os ingresos das familias será o desenvolvemento dunha cadea agroalimentaria gastronómica inclusiva. Nesta cadea as produtoras e produtores de cuyes, papas nativas, troita e leite, articularanse con quen dirixe restaurantes rurais e puntos de venda de derivados lácteos e estes, á súa vez, cos consumidores que se mobilizan ao longo da estrada interoceánica sur. É dicir, a oferta agropecuaria e agroindustrial articularase coas principais canles de comercialización local para atender aos consumidores/as na que xa se empeza a coñecer como ruta gastronómica do Ausangate.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Quispicanchi (provincia)
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Asociación Jesús Obreiro - CCAIJO

Código CRS: 
32161 - Agro-industrias
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á superación da pobreza das familias rurais da provincia de Quispicanchi , mediante a promoción do emprendemento rural articulado a unha agricultura sustentable, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a mellora da calidade do autoemprego e o uso sustentable dos ecosistemas locais.

Obxectivo específico: Mellorar os ingresos de 189 emprendedores e emprendedoras rurais (176 produtores agropecuarios, 07 operadores de restaurantes, 03 transformadores de lácteos, e 03 operadores de tendas de lácteos), 102 mulleres e 87 homes, mediante o desenvolvemento dunha cadea agroalimentaria gastronómica ao longo da estrada interoceánica sur, entre os distritos de Ccatcca  e Ocongate, articulando a produción e o consumo dos produtos agropecuarios locais, baixo un enfoque de desenvolvemento económico local inclusivo e produción sustentable.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: 100 produtores/as de cuyes e papas nativas, 06 produtores/as de troita, 70 provedores de leite e 03 plantas de derivados lácteos dos distritos de Ccatcca  e Ocongate melloran de forma sustentable a produción e calidade dos seus produtos e xestionan eficientemente as súas unidades produtivas.

A 1.1.1: Elaboración de liña base de proxecto.

A 1.1.2: Asesoría técnica para a mellora da calidade da produción de cuyes, papas nativas, troitas e lácteos.

A 1.1.3: Pasantías a experiencias produtivas exitosas.

A 1.1.4: Implementación dun plan de manexo de residuos para os restaurantes.

A 1.1.5: Apoio na reparación de infraestrutura e adquisición de equipos para a produción.

A 1.1.6: Asesoría no manexo de ferramentas de xestión produtiva.

Resultado 1.2: 07 Restaurantes rurais e 03 puntos de venda de derivados lácteos dos distritos de Ccatcca  e Ocongate melloran a calidade dos seus produtos e servizos, respondendo as esixencias dos consumidores.

A 1.2.1: Asistencia especializada na preparación de pratos e na diversificación da carta.

A 1.2.2: Asesoría en servizo e atención ao cliente.

A 1.2.3: Asesoría en xestión de tendas de lácteos e restaurantes.

A 1.2.4: Apoio na adquisición de equipos para restaurantes e puntos de venda de lácteos.

A 1.2.5: Implementación da certificación de calidade para restaurantes e puntos de venda de derivados lácteos.

A 1.2.6: Pasantía a restaurantes a nivel rexional

Resultado 1.3: Organizouse e desenvolveuse a "Ruta Gastronómica do Ausangate" nos distritos de Ccatcca  e Ocongate, coa participación activa dos produtores e produtoras agropecuarias, restaurantes rurais, os puntos de venda de produtos lácteos, dos gobernos locais e outros actores públicos e privados presentes no territorio.

A 1.3.1: Formulación e aprobación do plan de desenvolvemento da ruta gastronómica "Ausangate".

A 1.3.2: Campañas de promoción da ruta gastronómica "Ausangate"

A 1.3.3: Promoción de espazos de coordinación entre os actores das cadeas de cuyes, troitas e lácteos

A 1.3.4: Asesoría para o funcionamento de mesas de coordinación distrital e interdistrital.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Unhas 189 persoas, das cales 81 son mulleres, 108 homes. Por tarefas son: 100 produtores/as de cuyes e papas nativas (53 mulleres), 6 produtores/as de troitas (3 mulleres), 70 provedores/as de leite (40 mulleres), 7 operadoras de restaurantes rurais, 3 produtores/as de lácteos (1 muller), e 3 operadoras de tendas de lácteos.

Indirecta: Unhas 4.804 das cales 447 son mulleres 591 homes 1.868 nenas e 1.898 nenos.

Axudas: 

168.256,00 € (2017: 67.302,40 €; 2018: 100.953,60 €)