¡Consume Nós! Colectivos sociais, entidades e a cidadanía de Pontevedra e a súa comarca únense para garantir modalidades de consumo e produción sostibles
O presente proxecto busca afondar en ferramentas que potencien o cambio de hábitos de consumo na cidadanía de Pontevedra e na súa comarca que redunden nun impacto positivo na economía social e solidaria e no medio ambiente tanto local como globalmente. E polo tanto, garantir modelos de produción e consumo sostibles en liña co obxectivo 12 do desenvolvemento sostible marcados polas NN.UU2 para o 2030.
En concreto trabállase no ámbito do consumo responsable de alimentación e de roupa para un consumo con criterios sociais, ambientais, e de comercio xusto, como unha alternativa de loita contra as causas estruturais da pobreza no Norte e no Sur.
Para iso, este traballo vertébrase na realización dunha serie de accións que poidan ter un impacto máis profundo e sostible no tempo e gran capacidade de réplica e impacto social.
Farase en alianza con outros colectivos que traballan en torno ó consumo responsable e a loita contra a pobreza na cidade de Pontevedra e comarca e crearemos un espazo común que de visibilidade e fortaleza a este sector.
Obxectivo xeral: Contribuír o obxectivo 12 da ONU para garantir modalidades de consumo e produción sostibles e ofrecer ferramentas para un mundo máis xusto e sostible
Obxectivo específico: Aumentar a sensibilización e cambio nos seus hábitos de consumo en Pontevedra e comarca a través da formación e realización dun consumo máis sostible e respectuoso coas persoas e o medio e da solidariedade cos máis desfavorecidos/as.
Resultado 1.1: Distintas iniciativas e entidades crean alianzas para potenciar o consumo responsable en Pontevedra e a súa comarca e créase un espazo social e comercial compartido.
A1.1.1: Establecer alianzas para crear un local social e comercial compartido entorno o consumo responsable e a economía social e solidaria en Pontevedra
A1.1.2: Realización das xornadas “Consume Nos”24 de sensibilización para a creación dun grupo de consumo responsable en Pontevedra
A1.1.3: Proba MOV3! Roupa ecolóxica, roupa feita en Galicia
A1.1.4: Realización xornadas de formación en alternativas de consumo responsable na Universidade de Vigo- Campus de Pontevedra
A1.1.5: Realización da exposición: A produción de coiro e calzado como nunca a viches e ofertala o profesorado dos IES cos que Amarante traballou o consumo responsable de roupa
Directa: Os catro colectivos de Pontevedra (Asociación 4Ponlas, o grupo de consumo A Gradicela, Asociación Boa Vida, A Fenda e Amarante) vencellados ao consumo responsable, xa que se comparte local e a poboación pontevedresa que acuda.
Indirecta: Poboación en xeral, sobre todo persoas consumidoras da comarca de Pontevedra; productoras/es da comarca, de Galicia e de países do Sur; alumnado da Universidade de Vigo que acuda ás Xornadas; e alumnado dos IES onde se desenvolve un obradoiro co profesorado.
14.635,00 €; 5.854,00 € (2017) e 8.781,00 € (2018)