Proxectos

Prestación de axuda sanitaria na Wilaya de Bojador e construción dun dispensario na Daira de Mheiriz

Como en anos anteriores continuarase co apoio sanitario nos campamentos, nesta ocasión a través da construción dun dispensario na Daira de Mheiriz, e  prestando atención sanitaria á poboación da Wilaya de Bojador, con especial atención ás mulleres embarazadas e aos nenos e nenas. Está prevista a conformación dunha Comisión Médica de SOGAPS que se trasladará ao terreo e fará o seguimento sanitario en función dos expedientes do ano anterior, e atenderá aos novos casos que se poidan presentar. 

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Sahel-África
País: 
ALXERIA
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
12230 - Infraestrutura sanitaria básica
12250 - Saúde, control enfermidades infecciosas
12261 - Educación sanitaria
12250 - Control enfermidades infecciosas
12281 - Formación persoal sanitario
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí da Wilaya de Bojador e da Daira de Mheiriz.

Obxectivo Específico: Mellorar as condicións de saúde da poboación da Wilaya de Bojador con especial énfases en nenos/as e mulleres embarazadas, e mellorar as condicións de saúde da poboación da Daira de Mheiriz.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Mellorada a prestación de asistencia sanitaria no Hospital de Bojador e a formación e asesoramento do persoal sanitario local.

A.1.1.1-  Traslado da Comisión sanitaria.

A.1.1.2-  Compra do material consumible.

A.1.1.3-  Deseño e implementación dos cursos de formación para o persoal sanitario local.

A.1.1.4-  Asesoramento continuo ao persoal sanitario de Bojador durante a visita da comisión médica e tamén asesoramento sobre a xestión dos residuos.

Resultado 1.2: Mellorada a prestación de asistencia sanitaria no dispensario de Mheiriz.

                A.1.2.1-  Construción do dispensario.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 75.000,00 € (2018)