Prestación de axuda sanitaria na Wilaya de Bojador e construción dun dispensario na Daira de Mheiriz
Como en anos anteriores continuarase co apoio sanitario nos campamentos, nesta ocasión a través da construción dun dispensario na Daira de Mheiriz, e prestando atención sanitaria á poboación da Wilaya de Bojador, con especial atención ás mulleres embarazadas e aos nenos e nenas. Está prevista a conformación dunha Comisión Médica de SOGAPS que se trasladará ao terreo e fará o seguimento sanitario en función dos expedientes do ano anterior, e atenderá aos novos casos que se poidan presentar.
Obxectivo Xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí da Wilaya de Bojador e da Daira de Mheiriz.
Obxectivo Específico: Mellorar as condicións de saúde da poboación da Wilaya de Bojador con especial énfases en nenos/as e mulleres embarazadas, e mellorar as condicións de saúde da poboación da Daira de Mheiriz.
Resultado 1.1: Mellorada a prestación de asistencia sanitaria no Hospital de Bojador e a formación e asesoramento do persoal sanitario local.
A.1.1.1- Traslado da Comisión sanitaria.
A.1.1.2- Compra do material consumible.
A.1.1.3- Deseño e implementación dos cursos de formación para o persoal sanitario local.
A.1.1.4- Asesoramento continuo ao persoal sanitario de Bojador durante a visita da comisión médica e tamén asesoramento sobre a xestión dos residuos.
Resultado 1.2: Mellorada a prestación de asistencia sanitaria no dispensario de Mheiriz.
A.1.2.1- Construción do dispensario.
Axuda Xunta de Galicia: 75.000,00 € (2018)