Proxectos

Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase VI. Mozambique

Este proxecto constitúe a fase VI do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía”, financiado pola Xunta de Galicia nas convocatorias de 2012 (Fase I), 2014 (Fase II), 2015 (Fase III), 2016 (Fase IV) e 2017 (Fase V) en Mozambique.
O proxecto ten como fin mellorar a xestión do recurso hídrico en Mozambique a través do fortalecemento institucional das administracións rexionais responsables da xestión dos recursos hídricos (ARA-Sul e ARA-Norte) e da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos (DNGRH). Dito fortalecemento terá como eixo fundamental a mellora do coñecemento do recurso e a potenciación das capacidades de xestión a través da consolidación dun Sistema de Información nacional do Recurso Hídrico (en diante SIRH) e da implementación de metodoloxías e procedementos de análise e cálculo innovadores.

Nesta nova fase intégrase á ARA-Sul como socio local do proxecto, dándolle un forte impulso ao mesmo e acadando así unha maior dimensión, ao ser a ARA de referencia de todo o país, que establece as pautas e metodoloxías de traballo para o resto de ARAs.

As principais liñas de traballo son:

  • Desenvolvemento de melloras e consolidación do SIRH formado por tres módulos: Inventario, Utentes e visor web. O sistema, creado nas anteriores fases do proxecto, aumentará as súas funcionalidades e automatizará máis procesos.
  • Formación presencial á ARA-Sul (incluíndo as unidades de xestión de concas hidrográficas) e a DNGRH sobre o emprego do SIRH, mantemento informático dos sistemas nos que se aloxa o SIRH e metodoloxías innovadoras de cálculo hídrico.
  • Ampliación e actualización da base de datos nacional no SIRH con información actualizada dos recursos hídricos, principalmente de fontes, ríos e concas (estacións hidrolóxicas), presas, embalses e usuarios demandantes de uso de auga.
  • Estudo e elaboración dunha metodoloxía de cálculo da demanda hídrica dos principais cultivos en  Mozambique e de caracterización climatolóxica das concas.
  • Difusión do SIRH, estudos realizados e cartografía participativa OpenStreetMap (OSM) a outras ARAs do país e a institucións relacionadas coa xestión dos recursos hídricos.

 

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Maputo (provincia)
Axentes: 
ICARTO - INNOVACIÓN COOPERACIÓN CARTOGRAFÍA E TERRITORIO S.L.
Contraparte: 

Administração Regional de Águas do Sul (ARA-Sul)

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar a xestión do recurso hídrico en Mozambique.

Específico: Fortalecer as capacidades técnicas das administracións rexionais responsables do recurso hídrico en Mozambique e DNGRH no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Impulsado un Sistema Nacional de Información dos Recursos Hídricos para que facilite a xestión do recurso hídrico das administracións públicas competentes.

  • A.1.1.1: Desenvolvemento das melloras identificadas da ferramenta SIRH: Inventario (xestión de estacións, fontes e presas).
  • A.1.1.2: Desenvolvemento das melloras identificadas da ferramenta SIRH: Utentes (xestión de usuarios demandantes de auga).
  • A.1.1.3: Desenvolvemento das melloras identificadas da ferramenta SIRH: visor web e implementación na ARA-Sul.
  • A.1.1.4: Seguimento do uso do SIRH na ARA-Sul, ARA-Norte e DNGRH.

RESULTADO 1.2: Fortalecidas as capacidades das administracións rexionais responsables do recurso hídrico en Mozambique (ARA-Sul e DNGRH) na xestión do recurso hídrico a través da consolidación do Sistema de Información Xeográfico de xestión de inventario e usuarios de auga.

  • A.1.2.1: Desenvolvemento de capacidades no emprego e aproveitamento do SIRH na ARA-Sul e súas unidades de conca.
  • A.1.2.2: Desenvolvemento de capacidades no uso dos SIX e do SIRH: Visor na DNGRH.
  • A.1.2.3: Actualización e ampliación do inventario de usuarios demandantes de auga na ARA-Sul.
  • A.1.2.4: Actualización e dixitalización do inventario de estacións, fontes e presas da ARA-Sul.
  • A.1.2.5: Análise gráfica e visualización estatística da BDD xeográfica nacional de concas hidrográficas do SIRH.
  • A.1.2.6: Estudo da demanda hídrica de cultivos nunha explotación piloto na conca do río Umbeluzi (ARA-Sul

Resultado 1.3: Aumentada a difusión de ferramentas para a xestión do recurso hídrico a institucións e poboación

  • A.1.3.1: Realización dun seminario para difundir a potencialidade de ferramentas SIX e o uso da cartografía de OSM en Maputo
Poboación beneficiaria: 

Directa: Homes (388), Mulleres (115)

Indirecta: Homes (5.099.671), Mulleres (5.651.329)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:  154.287,00 €  (2018:  61.714,80 € ; 2019:  92.572,20 €)