Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase VI. Mozambique
Este proxecto constitúe a fase VI do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía”, financiado pola Xunta de Galicia nas convocatorias de 2012 (Fase I), 2014 (Fase II), 2015 (Fase III), 2016 (Fase IV) e 2017 (Fase V) en Mozambique.
O proxecto ten como fin mellorar a xestión do recurso hídrico en Mozambique a través do fortalecemento institucional das administracións rexionais responsables da xestión dos recursos hídricos (ARA-Sul e ARA-Norte) e da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos (DNGRH). Dito fortalecemento terá como eixo fundamental a mellora do coñecemento do recurso e a potenciación das capacidades de xestión a través da consolidación dun Sistema de Información nacional do Recurso Hídrico (en diante SIRH) e da implementación de metodoloxías e procedementos de análise e cálculo innovadores.
Nesta nova fase intégrase á ARA-Sul como socio local do proxecto, dándolle un forte impulso ao mesmo e acadando así unha maior dimensión, ao ser a ARA de referencia de todo o país, que establece as pautas e metodoloxías de traballo para o resto de ARAs.
As principais liñas de traballo son:
- Desenvolvemento de melloras e consolidación do SIRH formado por tres módulos: Inventario, Utentes e visor web. O sistema, creado nas anteriores fases do proxecto, aumentará as súas funcionalidades e automatizará máis procesos.
- Formación presencial á ARA-Sul (incluíndo as unidades de xestión de concas hidrográficas) e a DNGRH sobre o emprego do SIRH, mantemento informático dos sistemas nos que se aloxa o SIRH e metodoloxías innovadoras de cálculo hídrico.
- Ampliación e actualización da base de datos nacional no SIRH con información actualizada dos recursos hídricos, principalmente de fontes, ríos e concas (estacións hidrolóxicas), presas, embalses e usuarios demandantes de uso de auga.
- Estudo e elaboración dunha metodoloxía de cálculo da demanda hídrica dos principais cultivos en Mozambique e de caracterización climatolóxica das concas.
- Difusión do SIRH, estudos realizados e cartografía participativa OpenStreetMap (OSM) a outras ARAs do país e a institucións relacionadas coa xestión dos recursos hídricos.
Administração Regional de Águas do Sul (ARA-Sul)
Xeral: Mellorar a xestión do recurso hídrico en Mozambique.
Específico: Fortalecer as capacidades técnicas das administracións rexionais responsables do recurso hídrico en Mozambique e DNGRH no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía
Resultado 1.1: Impulsado un Sistema Nacional de Información dos Recursos Hídricos para que facilite a xestión do recurso hídrico das administracións públicas competentes.
- A.1.1.1: Desenvolvemento das melloras identificadas da ferramenta SIRH: Inventario (xestión de estacións, fontes e presas).
- A.1.1.2: Desenvolvemento das melloras identificadas da ferramenta SIRH: Utentes (xestión de usuarios demandantes de auga).
- A.1.1.3: Desenvolvemento das melloras identificadas da ferramenta SIRH: visor web e implementación na ARA-Sul.
- A.1.1.4: Seguimento do uso do SIRH na ARA-Sul, ARA-Norte e DNGRH.
RESULTADO 1.2: Fortalecidas as capacidades das administracións rexionais responsables do recurso hídrico en Mozambique (ARA-Sul e DNGRH) na xestión do recurso hídrico a través da consolidación do Sistema de Información Xeográfico de xestión de inventario e usuarios de auga.
- A.1.2.1: Desenvolvemento de capacidades no emprego e aproveitamento do SIRH na ARA-Sul e súas unidades de conca.
- A.1.2.2: Desenvolvemento de capacidades no uso dos SIX e do SIRH: Visor na DNGRH.
- A.1.2.3: Actualización e ampliación do inventario de usuarios demandantes de auga na ARA-Sul.
- A.1.2.4: Actualización e dixitalización do inventario de estacións, fontes e presas da ARA-Sul.
- A.1.2.5: Análise gráfica e visualización estatística da BDD xeográfica nacional de concas hidrográficas do SIRH.
- A.1.2.6: Estudo da demanda hídrica de cultivos nunha explotación piloto na conca do río Umbeluzi (ARA-Sul
Resultado 1.3: Aumentada a difusión de ferramentas para a xestión do recurso hídrico a institucións e poboación
- A.1.3.1: Realización dun seminario para difundir a potencialidade de ferramentas SIX e o uso da cartografía de OSM en Maputo.
Directa: Homes (388), Mulleres (115)
Indirecta: Homes (5.099.671), Mulleres (5.651.329)
Axuda Xunta de Galicia: 154.287,00 € (2018: 61.714,80 € ; 2019: 92.572,20 €)