Convocatoria do curso monográfico sobre a Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas galegas
O curso, que está previsto que se celebre na Escola Galega de Administración Pública, en horario de mañá e tarde, os vindeiros 17 e 18 de xuño, diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións autonómica e local galegas, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
O obxectivo principal deste curso monográfico é crear conciencia sobre a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable e abordar as necesidades teóricas e prácticas para que o persoal destinatario da actividade poida incorporar os obxectivos para o desenvolvemento sustentable (ODS) da Axenda 2030 aos seus ámbitos de traballo.
Para participar deste curso é necesario formalizar unha inscrición vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula
Para máis información poden consultar a RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2019 pola que se convoca o curso monográfico A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas galegas.