A EDCG na formación dos profesionais da educación: construíndo o ámbito de educación. As titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase II
O proxecto “A EDCG na formación dos profesionais da educación: construíndo o ámbito de educación. As titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase II” pretende contribuír á construción do ámbito de educación da EDCG a través da súa inserción e análise na formación inicial dos profesionais da educación que se forman na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para xerar unha cidadanía máis crítica e máis comprometida coa sustentabilidade e os retos globais. A proposta está incardinada na análise dos resultados obtidos no Proxecto I para avanzar cara tres eixes fundamentais:
- O coñecemento das premisas e contidos que o alumnado manexa sobre EDCG, a cooperación internacional, a sustentabilidade, o desenvolvemento, os grandes retos globais e a competencia global.
- A formación do profesorado da Facultade na materia da EDCG.
- A avaliación e análise de resultados de prácticas específicas tomando como referencia a EDCG.
Obxectivo xeral: Contribuír á construción do ámbito de educación da EDCG a través da súa inserción e análise na formación inicial dos profesionais da educación que se forman na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para xerar unha cidadanía máis crítica e máis comprometida coa sustentabilidade e os retos globais.
Obxectivo específico:
OE 1. Actualizar o estado da arte sobre a EDCG con especial atención a traballos ou experiencias que reforcen a construción dos procesos educativos, a intervención e a formación dos profesionais da educación.
OE 2. Afondar no marco da explicación da intervención educativa en procesos formais e non formais a partir da EDCG.
OE 3. Afondar nos coñecementos e premisas sobre cooperación, desenvolvemento, sustentabilidade e grandes retos globais do alumnado da comunidade educativa obxecto de estudo, así coma na súa cronoloxía de adquisición nas titulacións.
OE 4. Mellorar a formación do profesorado participante no proxecto e calquera outro da Facultade que queira incorporarse sobre EDCG e a súa inclusión na intervención educativa.
OE 5. Coñecer os principais ámbitos de inserción da EDCG destes docentes na súa práctica de aula e detectar os ámbitos con máis resistencias.
OE 6. Mellorar a formación do alumnado da facultade, futuros profesionais da educación.
OE 7. Sistematizar boas prácticas, mantendo activas e analizando en detalle actividades na EDCG que demostren obter bos resultados.
OE 8. Por en marcha e analizar os resultados de iniciativas de grande impacto na formación do alumnado como son as prácticas en terreo.
OE 9. Dar a coñecer os resultados da investigación a través de canles de divulgación e canles académicos.
1. FASE INICIAL. RECOMPILACIÓN E IDENTIFICACIÓN (OE1-OE2-OE7-OE8)
A. Inicial 1. Recopilación e activación.
A. Inicial 1.1. Elaboración dun resumo dos resultados do proxecto anterior.
A. Inicial 1.2. Realización dunha reunión inicial.
A. Inicial 2. Identificación de proxectos en terreo.
Actividade Inicial 2.1. Pre-terreo.
Actividade Inicial 2.2. Post-terreo.
Actividade Inicial 2.3. En terreo.
2. FASE OPERATIVA
2.1 EIXE I. ACTUALIZACIÓN ESTADO DA CUESTIÓN (OE1-OE2-OE3)
Actividade I.1 Procura, selección e análise da información e dos materiais.
A I.1.1. Procura e recompilación de documentación.
A I.1.2. Selección e análise da información e dos materiais.
I.1.2.1. Selección da información.
I.1.2.2. Baleirado da información significativa referida a 1.1.a.
I.1.2.3. Aplicación da estrutura de análise xerada no Proxecto I a novos recursos e materiais didácticos recompilados (1.1.b).
I.1.2.4. Análise da información.
A I.1.3. Mellora do catálogo de recursos.
Actividade I.2. Estadías de investigación.
Actividade I.3 Coñecemento das premisas sobre desenvolvemento e sustentabilidade do alumnado das titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
A I.3.1. Mellora e actualización dos indicadores de análise.
A I.3.2. Construción e validación do instrumento de recollida da información.
A I.3.3. Aplicación do instrumento e recollida da información.
A I.3.4. Análise da información.
2.2 EIXE II. FORMACIÓN DO PROFESORADO (OE4-OE5)
Actividade II.1. Deseño da formación e solicitude de acreditación.
Actividade II.2. Desenvolvemento da formación.
Actividade II.3. Afondamento no coñecemento das premisas sobre sustentabilidade que o profesorado aplica no seu desempeño docente e sobre actividades desenvoltas ao respecto.
II.3.1. Aplicación do instrumento e recollida da información.
II.3.2. Análise da información.
Actividade II.4. Xeración dun grupo de innovación docente sobre EDCG e Sustentabilidade.
EIXE III. A EDCG NAS TITULACIÓNS (OE6-OE7-OE8)
Actividade III.1. Aprendizaxe-Servizo (APS) a través da EDCG.
A III.1.1. Consolidación da Rede de Aprendizaxe-Servizo na EDCG.
A III.1.2. Solicitude do Proxecto de Innovación Docente na súa IV Convocatoria.
A III.1.3. Execución dos proxectos de Aprendizaxe-Servizo.
A III.1.4. Avaliación da experiencia.
III.1.4.1. Avaliación inicial.
III.1.4.2. Avaliación da implementación.
III.1.4.3. Avaliación dos resultados.
Actividade III.2. V e VI Xornadas de EDCG.
Actividade III.3. Prácticas en terreo.
A III.3.1. Selección do alumnado.
A III.3.2. Formación do alumnado.
A III.3.3. Xeración e cumprimentación administrativa da estadía.
A III.3.4. Cumprimento da estadía.
A III.3.5. Avaliación de resultados.
III.3.5.1. Avaliación inicial.
III.3.5.2. Avaliación da implementación.
III.3.5.3. Avaliación dos resultados.
A III.3.6. Coparticipación e visibilización das aprendizaxes e da experiencia.
3. FASE FINAL. ANÁLISE, DISCUSIÓN, PROSPECTIVA (OE2-OE6-OE7-OE8-OE9)
Actividade IV.1. Categorización e análise de toda a información obtida.
Actividade IV.2. Xeración de proposta de inclusión da EDCG e mellora na planificación das titulacións da facultade.
Actividade IV.3. Elaboración do informe da investigación.
SECCIÓN TRANSVERSAL I. DIVULGACIÓN E EXPLOTACIÓN DOS RESULTADOS (OE9)
Actividade V.1. Divulgación, TIC e Redes.
A V.1.1. Deseño e distribución de material divulgativo do proxecto: tríptico e pílulas informativas.
A V.1.2. Sitio web do proxecto e comunidade 2.0.
Actividade V.2. Formación de actividades de formación do profesorado.
Actividade V.3. Intercambio e divulgación científica.
A V.3.1. Asistencia a actividades de divulgación.
A V.3.2. Elaboración de publicacións.
SECCIÓN TRANSVERSAL II. A AVALIACIÓN
Directa: Para a execución deste proxecto cóntase cun total de 34 persoas –27 mulleres e 7 homes-, configurado por 23 investigadoras e investigadores da USC, 7 persoas expertas externas e 4 persoas doutorandas en formación e coa ONGD Solidariedade Internacional de Galicia.
Axuda Xunta de Galicia: 30.000 € (2019: 15.000 €; 2020: 15.000 €)