Proxectos

Mellorar a capacidade de resposta e prevención do sistema de saúde local do asentamento de Eastleigh North, Nairobi, na emerxencia sanitaria do COVID-19 con énfase na protección dos grupos de poboación en situación de maior vulnerabilidade fronte á pandemia

O presente proxecto ten como obxectivo mellorar a capacidade de resposta e prevención do sistema de saúde local de Eastleigh North (Nairobi), Kenia, na emerxencia sanitaria do COVID-19 con énfase na protección dos grupos de poboación en situación de maior vulnerabilidade fronte á pandemia. Así a intervención localízase no asentamento informal de Eastleigh North, no barrio de Eastleigh, sub-condado de Kamukunji, condado de Nairobi, Kenia.

As súas intervencións céntranse principalmente en: 1) Fortalecer a capacidade operativa do Centro de saúde de Eastleigh para prestar servizos de atención primaria en saúde (APS) nun contexto de crise de saúde pública global por COVID-19; e 2) Crear redes comunitarias de saúde que orienten á poboación en situación de maior vulnerabilidade (poboación refuxiada, mulleres, PVV, maiores de 60 anos e enfermas crónicas) cara a recursos sanitarios dispoñibles, e que desmonten rumorologías sobre COVID-19 e promovan prácticas corresponsables co coidado e a toma de decisións en saúde.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
KENIA
Zona de actuación: 
Nairobi
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Foundation for Health and Social Economic Development Africa (HESED - África)

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
70000 - Axuda humanitaria
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a garantir unha rápida contención e reducir o exceso de mortalidade e morbilidade debido ao brote de COVID-19 en Nairobi e os seus efectos no sistema de saúde.

Específico: Mellorar a capacidade de resposta e prevención do sistema de saúde local de  Eastleigh North (Nairobi), Kenia, na emerxencia sanitaria do COVID-19 con énfase na protección dos grupos de poboación en situación de maior vulnerabilidade fronte á pandemia.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecida a capacidade operativa do Centro de saúde de Eastleigh para prestar servizos completos e integrais de atención primaria en saúde ( APS) nun contexto de crise de saúde pública global por COVID-19.

A.1.1.1 Aprovisionamento ao Centro de Saúde de  Eastleigh en medicamentos esenciais e  subministracións médicas e WASH para a protección e prevención.

A 1.1.2 Atención sanitaria universal, gratuíta e sen discriminación aos colectivos máis vulnerables fronte ao COVID-19.

RE 1.2 Redes comunitarias de saúde orientan á poboación en situación de maior vulnerabilidade (poboación refuxiada, mulleres, PVV e enfermas crónicas) cara a recursos sanitarios dispoñibles.

A 1.2.1 Distribución de artigos de hixiene entre as unidades de convivencia de poboación refuxiada máis vulnerable nos asentamentos informais de Eastleigh North desmontan rumoroloxías sobre COVID-19 e promoven prácticas corresponsables co coidado e a toma de decisións en saúde.

A 1.2.2 Articulación dunha campaña de educación en saúde para a promoción de mensaxes de protección e prevención comunitaria fronte ao COVID-19 e outras epidemias activas na zona e a abordaxe de rumoroloxías e información falsa.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 7.051 persoas (5.051 mulleres e 2.000 homes), entre poboación titular de dereitos, de obrigacións e de responsabilidades.

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 15.150 persoas (10.795 mulleres e 4.355 homes) que habitan o asentamento.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 50.000,00 €