Mellorar a capacidade de resposta e prevención do sistema de saúde local do asentamento de Eastleigh North, Nairobi, na emerxencia sanitaria do COVID-19 con énfase na protección dos grupos de poboación en situación de maior vulnerabilidade fronte á pandemia
O presente proxecto ten como obxectivo mellorar a capacidade de resposta e prevención do sistema de saúde local de Eastleigh North (Nairobi), Kenia, na emerxencia sanitaria do COVID-19 con énfase na protección dos grupos de poboación en situación de maior vulnerabilidade fronte á pandemia. Así a intervención localízase no asentamento informal de Eastleigh North, no barrio de Eastleigh, sub-condado de Kamukunji, condado de Nairobi, Kenia.
As súas intervencións céntranse principalmente en: 1) Fortalecer a capacidade operativa do Centro de saúde de Eastleigh para prestar servizos de atención primaria en saúde (APS) nun contexto de crise de saúde pública global por COVID-19; e 2) Crear redes comunitarias de saúde que orienten á poboación en situación de maior vulnerabilidade (poboación refuxiada, mulleres, PVV, maiores de 60 anos e enfermas crónicas) cara a recursos sanitarios dispoñibles, e que desmonten rumorologías sobre COVID-19 e promovan prácticas corresponsables co coidado e a toma de decisións en saúde.
Foundation for Health and Social Economic Development Africa (HESED - África)
Xeral: Contribuír a garantir unha rápida contención e reducir o exceso de mortalidade e morbilidade debido ao brote de COVID-19 en Nairobi e os seus efectos no sistema de saúde.
Específico: Mellorar a capacidade de resposta e prevención do sistema de saúde local de Eastleigh North (Nairobi), Kenia, na emerxencia sanitaria do COVID-19 con énfase na protección dos grupos de poboación en situación de maior vulnerabilidade fronte á pandemia.
RE 1.1. Fortalecida a capacidade operativa do Centro de saúde de Eastleigh para prestar servizos completos e integrais de atención primaria en saúde ( APS) nun contexto de crise de saúde pública global por COVID-19.
A.1.1.1 Aprovisionamento ao Centro de Saúde de Eastleigh en medicamentos esenciais e subministracións médicas e WASH para a protección e prevención.
A 1.1.2 Atención sanitaria universal, gratuíta e sen discriminación aos colectivos máis vulnerables fronte ao COVID-19.
RE 1.2 Redes comunitarias de saúde orientan á poboación en situación de maior vulnerabilidade (poboación refuxiada, mulleres, PVV e enfermas crónicas) cara a recursos sanitarios dispoñibles.
A 1.2.1 Distribución de artigos de hixiene entre as unidades de convivencia de poboación refuxiada máis vulnerable nos asentamentos informais de Eastleigh North desmontan rumoroloxías sobre COVID-19 e promoven prácticas corresponsables co coidado e a toma de decisións en saúde.
A 1.2.2 Articulación dunha campaña de educación en saúde para a promoción de mensaxes de protección e prevención comunitaria fronte ao COVID-19 e outras epidemias activas na zona e a abordaxe de rumoroloxías e información falsa.
Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 7.051 persoas (5.051 mulleres e 2.000 homes), entre poboación titular de dereitos, de obrigacións e de responsabilidades.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 15.150 persoas (10.795 mulleres e 4.355 homes) que habitan o asentamento.
Axuda Xunta de Galicia: 50.000,00 €