Proxectos

Mellora do acceso equitativo de mulleres e mozos a recursos económicos do Sur de Honduras. Fase 2, Proxecto de mellora de capacidades de organizacións e municipios

O proxecto forma a Segunda Fase do Programa de Intervención de Xénero entre Nasmar-Coddeffagolf, que ten como área de aplicación os 7 municipios que conforman a comunidade NASMAR. As áreas de actuación das mesmas son variadas, desde o empoderamiento económico, ata a mellora de aspectos relacionados coa xustiza de xénero. Esta iniciativa beneficiaría directamente a 129 mulleres que traballarían en grupos organizados de apoio ao emprendemento e nas familias na corresponsabilidade doméstica e a equidade nas decisións sobre os recursos familiares. Tamén beneficiaría aos municipios e co-socios, en termos de fortalecemento das capacidades de xénero. Ademais quere establecer varias accións con vocación de futuro, como a adecuación de metodoloxías de traballo, o establecemento de vínculos e redes de incidencia, a xeración de espazos de coñecemento, e o establecemento dun grupo de apoio financeiro a proxectos. Especialmente estas últimas accións sentarían as bases para a extensión das outras fases do programa.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Choluteca (departamento)
Golfo de Fonseca
Valle (departamento)
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Contraparte: 

  Mancomunidade dos municipios do sur NASMAR

Código CRS: 
99810 - Sectores non especificados
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellorar a equidade de xénero no Sur de Honduras.

Obxectivo específico: Mellorar o acceso equitativo de mulleres e mozos a recursos económicos no Sur de Honduras.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Incrementadas as posibilidades de mulleres e mozos de desenvolver emprendementos económicos.

  • A.1.1.1 Capacitación a grupos de mulleres e mozos para o desenvolvemento de emprendementos  económicos.
  • A.1.1.2 Consolidación, ampliación e fortalecemento do fondo de apoio financeiro a emprendementos  económicos que favorezan aqueles liderados e compostos na súa maioría por mulleres e mozos creado na Fase 1.
  • A.1.1.3  Maduración e avaliación das metodoloxías utilizadas en Fase 1 para apoio a emprendementos económicos.

RE 1.2  Mellorada a capacidade de incidencia de mulleres e mozos na toma de decisións sobre recursos económicos dentro da familia.

  • A.1.2.1 Sensibilización ás familias para a equidade na toma de decisións sobre os recursos económicos familiares.
  • A.1.2.2 Maduración e avaliación das metodoloxías utilizadas en Fase 1 para sensibilización sobre recursos económicos familiares.

RE 1.3  Mellorada a xestión equitativa en xénero dos recursos públicos municipais.

  • A.1.3.1 Fortalecemento aos municipios sobre equidade de xénero e xestión municipal de xénero.
  • A.1.3.2 Implementación de orzamentos etiquetados en xénero na mancomunidade e 2 municipios piloto.
  • A.1.3.3 Formación e mellora da cohesión interna de redes de mulleres e otrasOSC para o control da xestión municipal con equidade de xénero.
Poboación beneficiaria: 

Directa: 100 homes, 181 mulleres, 200 nenos e 220 nenas.

Indirecta: 126.892 homes e 128.950 mulleres.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 225.000 € (2020: 90.000 €; 2021: 135.000 €)