Mellora do acceso equitativo de mulleres e mozos a recursos económicos do Sur de Honduras. Fase 2, Proxecto de mellora de capacidades de organizacións e municipios
O proxecto forma a Segunda Fase do Programa de Intervención de Xénero entre Nasmar-Coddeffagolf, que ten como área de aplicación os 7 municipios que conforman a comunidade NASMAR. As áreas de actuación das mesmas son variadas, desde o empoderamiento económico, ata a mellora de aspectos relacionados coa xustiza de xénero. Esta iniciativa beneficiaría directamente a 129 mulleres que traballarían en grupos organizados de apoio ao emprendemento e nas familias na corresponsabilidade doméstica e a equidade nas decisións sobre os recursos familiares. Tamén beneficiaría aos municipios e co-socios, en termos de fortalecemento das capacidades de xénero. Ademais quere establecer varias accións con vocación de futuro, como a adecuación de metodoloxías de traballo, o establecemento de vínculos e redes de incidencia, a xeración de espazos de coñecemento, e o establecemento dun grupo de apoio financeiro a proxectos. Especialmente estas últimas accións sentarían as bases para a extensión das outras fases do programa.
Mancomunidade dos municipios do sur NASMAR
Obxectivo xeral: Mellorar a equidade de xénero no Sur de Honduras.
Obxectivo específico: Mellorar o acceso equitativo de mulleres e mozos a recursos económicos no Sur de Honduras.
RE 1.1 Incrementadas as posibilidades de mulleres e mozos de desenvolver emprendementos económicos.
- A.1.1.1 Capacitación a grupos de mulleres e mozos para o desenvolvemento de emprendementos económicos.
- A.1.1.2 Consolidación, ampliación e fortalecemento do fondo de apoio financeiro a emprendementos económicos que favorezan aqueles liderados e compostos na súa maioría por mulleres e mozos creado na Fase 1.
- A.1.1.3 Maduración e avaliación das metodoloxías utilizadas en Fase 1 para apoio a emprendementos económicos.
RE 1.2 Mellorada a capacidade de incidencia de mulleres e mozos na toma de decisións sobre recursos económicos dentro da familia.
- A.1.2.1 Sensibilización ás familias para a equidade na toma de decisións sobre os recursos económicos familiares.
- A.1.2.2 Maduración e avaliación das metodoloxías utilizadas en Fase 1 para sensibilización sobre recursos económicos familiares.
RE 1.3 Mellorada a xestión equitativa en xénero dos recursos públicos municipais.
- A.1.3.1 Fortalecemento aos municipios sobre equidade de xénero e xestión municipal de xénero.
- A.1.3.2 Implementación de orzamentos etiquetados en xénero na mancomunidade e 2 municipios piloto.
- A.1.3.3 Formación e mellora da cohesión interna de redes de mulleres e otrasOSC para o control da xestión municipal con equidade de xénero.
Directa: 100 homes, 181 mulleres, 200 nenos e 220 nenas.
Indirecta: 126.892 homes e 128.950 mulleres.
Axuda Xunta de Galicia: 225.000 € (2020: 90.000 €; 2021: 135.000 €)