Proxectos

Educación en emerxencia e asistencia sanitaria á poboación refuxiada siria (rexistrados e non rexistrados no ACNUR) afectada polo Covid-19 en 4 asentamentos informais: Ale Askar, Al Louis, Al Maïs e Al Sarout

O proxecto incide directamente na situación provocada pola pandemia do Covid-19 mellorando as condicións de vida de persoas refuxiadas sirias no Val de Bekaa, Líbano, en especial a de nenas, nenos, mulleres e persoas maiores, que foron afectadas polo Covid-19, sen descoidar os efectos provocados pola súa condición de refuxiados por mor do conflito sirio que leva xa unha década desenvolvéndose. Para iso, traballarase en que nenas e nenos refuxiados sirios poidan ter acceso á educación e a apoio psicolóxico despois da pandemia do Covid-19 e en mellorar o acceso á situación sanitaria e psicosocial para persoas vulnerables que viven en catro asentamentos informais.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
LIBANO
Zona de actuación: 
Bekaa (gobernación)
Axentes: 
ONG RESCATE INTERNACIONAL
Contraparte: 

NAVTSS (National Association for Vocational Training and Social Services)

Código CRS: 
16050 - Axuda multisectorial para servizos sociais básicos
Obxectivos: 

Xeral: Aliviar o sufrimento, manter a dignidade humana e fomentar a resiliencia da poboación siria refuxiada no Val da Bekaa (Líbano) afectada polo Covid-19.

Específico: Fortalecer a resiliencia e os dereitos sociais básicos afectados polo Covid-19: educación en emerxencia e saúde para maiores, para persoas refuxiadas sirias, en 4 asentamentos informais: Ale Askar, Al Louis, Al Maïs e Al Sarout, en Valle da Bekaa, Líbano.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. 90 nenas e nenos refuxiados sirios teñen acceso a educación e apoio psicolóxico.

            A.1.1.1. Clases para 90 nenos e nenas refuxiadas sirias de Bekaa, de 6 a 12 anos.

            A.1.1.2. Apoio psicosocial para 90 nenos e nenas refuxiadas sirias do Valle da Bekaa.

            A.1.1.3. Distribución de kits escolares.

            A.1.1.4. Realización de enquisas de satisfacción a pais e nais.

RE 1.2. Mellorado o acceso a atención sanitaria e psicosocial para persoas vulnerables en 4 asentamentos informais.

            A.1.2.1. Formación en auxiliar sanitario a domicilio para 16 mulleres e homes refuxiados sirios.

            A.1.2.2. Formación en apoio psicosocial para 16 mulleres e homes refuxiadas sirias.

            A.1.2.3.  Servizo de atención domiciliaria para persoas maiores refuxiadas sirias.

            A.1.2.4. Campaña de sensibilización sobre o coidado persoal e a saúde para persoas maiores refuxiadas sirias de Bekaa.

            A.1.2.5. Realización de enquisas de satisfacción a persoas maiores.

            A.1.2.6. Seguimento e monitoreo das actividades realizadas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 420 persoas das cales 188 son mulleres, 52 homes, 60 nenos e 120 nenas.

Indirecta: 2.520 persoas das cales 1.128 son mulleres, 312 homes, 360 nenos e 720 nenas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 37.800,00 €