Educación en emerxencia e asistencia sanitaria á poboación refuxiada siria (rexistrados e non rexistrados no ACNUR) afectada polo Covid-19 en 4 asentamentos informais: Ale Askar, Al Louis, Al Maïs e Al Sarout
O proxecto incide directamente na situación provocada pola pandemia do Covid-19 mellorando as condicións de vida de persoas refuxiadas sirias no Val de Bekaa, Líbano, en especial a de nenas, nenos, mulleres e persoas maiores, que foron afectadas polo Covid-19, sen descoidar os efectos provocados pola súa condición de refuxiados por mor do conflito sirio que leva xa unha década desenvolvéndose. Para iso, traballarase en que nenas e nenos refuxiados sirios poidan ter acceso á educación e a apoio psicolóxico despois da pandemia do Covid-19 e en mellorar o acceso á situación sanitaria e psicosocial para persoas vulnerables que viven en catro asentamentos informais.
NAVTSS (National Association for Vocational Training and Social Services)
Xeral: Aliviar o sufrimento, manter a dignidade humana e fomentar a resiliencia da poboación siria refuxiada no Val da Bekaa (Líbano) afectada polo Covid-19.
Específico: Fortalecer a resiliencia e os dereitos sociais básicos afectados polo Covid-19: educación en emerxencia e saúde para maiores, para persoas refuxiadas sirias, en 4 asentamentos informais: Ale Askar, Al Louis, Al Maïs e Al Sarout, en Valle da Bekaa, Líbano.
RE 1.1. 90 nenas e nenos refuxiados sirios teñen acceso a educación e apoio psicolóxico.
A.1.1.1. Clases para 90 nenos e nenas refuxiadas sirias de Bekaa, de 6 a 12 anos.
A.1.1.2. Apoio psicosocial para 90 nenos e nenas refuxiadas sirias do Valle da Bekaa.
A.1.1.3. Distribución de kits escolares.
A.1.1.4. Realización de enquisas de satisfacción a pais e nais.
RE 1.2. Mellorado o acceso a atención sanitaria e psicosocial para persoas vulnerables en 4 asentamentos informais.
A.1.2.1. Formación en auxiliar sanitario a domicilio para 16 mulleres e homes refuxiados sirios.
A.1.2.2. Formación en apoio psicosocial para 16 mulleres e homes refuxiadas sirias.
A.1.2.3. Servizo de atención domiciliaria para persoas maiores refuxiadas sirias.
A.1.2.4. Campaña de sensibilización sobre o coidado persoal e a saúde para persoas maiores refuxiadas sirias de Bekaa.
A.1.2.5. Realización de enquisas de satisfacción a persoas maiores.
A.1.2.6. Seguimento e monitoreo das actividades realizadas.
Directa: 420 persoas das cales 188 son mulleres, 52 homes, 60 nenos e 120 nenas.
Indirecta: 2.520 persoas das cales 1.128 son mulleres, 312 homes, 360 nenos e 720 nenas.
Axuda Xunta de Galicia: 37.800,00 €