Mellorado o acceso e información aos recursos de atención e asistencia técnica legal de mulleres, nenas e adolescentes vítimas de violencia de xénero no departamento de Cochabamba, Fase I
A intervención que se presenta é a fase inicial, de tres previstas, que pretenden mellorar o acceso e información aos recursos de atención e asistencia técnica legal de mulleres, nenas e adolescentes vítimas de violencia de xénero no departamento de Cochabamba de Bolivia. A intervención articúlase en 4 eixos de traballo: o fortalecemento das capacidades das organizacións da sociedade civil, o fortalecemento das capacidades dos titulares de obrigacións, a atención, asistencia técnica e información a vítimas de violencia de xénero, por parte das promotoras dos DDHH e a sensibilización das e dos titulares de dereitos.
Pastoral Social Cáritas - Sacaba
Xeral: Contribuír ao exercicio e respecto pleno do dereito a unha vida libre de violencia para mulleres, nenos, nenas e adolescentes
Específico: Mellorado o acceso e información aos recursos de atención e asistencia técnica legal de mulleres, nenas e adolescentes vítimas de violencia de xénero no departamento de Cochabamba, Fase I.
RE 1.1: O grupo de promotoras de DDHH con capacidades técnicas fortalecidas, realizan a primeira atención a mulleres vítimas de violencia e participan activamente en espazos interinstitucionais de prevención e promoción dunha vida libre de violencia e incidencia política
A.1.1.1: Conformar o equipo técnico
A.1.1.2: Capacitar ao equipo técnico.
A.1.1.3: Elaborar protocolo de atención
A.1.1.4: Revisión do plan de formación para o Servizo de Promotoras de DDHH
A.1.1.5: Executar o plan de formación
A.1.1.6: Acordos coas instancia Públicas e Privadas
A.1.1.7: Participar nas redes interinstitucionais de loita contra a violencia de Sacaba y Cochabamba.
A.1.1.8: Participar no Consello Departamental de Cochabamba.
A.1.1.9: Participar na mesa interinstitucional de loita contra a violencia.
RE 1.2: Mulleres, nenas e adolescentes acceden a 3 puntos (un de nova creación) de información, orientación e acompañamento a mulleres en situación de violencia en coordinación co Ministerio Público.
A.1.2.1: Realizar material didáctico e informativo
A.1.2.2: Informar á poboación en 3 puntos de atención.
A.1.2.3: Orientar á poboación en 3 puntos de atención.
A.1.2.4: Acompañar e Seguimento á poboación nos procesos de loita contra a violencia de xénero en 3 puntos de atención.
A.1.2.5: Realizar talleres de apoio ás mulleres.
RE 1.3: Instancias Públicas que traballan na Loita contra a Violencia con capacidades melloradas para a atención a mulleres, nenas e adolescentes con calidade e calidez.
A.1.3.1: Formación para as instancias públicas
A.1.3.2: Elaborar e recoller cuestionarios sobre a formación das instancias públicas.
A.1.3.3: Entrega da metodoloxía de intervención do CAM e PTV.
A.1.3.4: Entrega do Protocolo e roteiro crítica de atención en delitos de violencia.
A.1.3.5: Diagnóstico preliminar sobre o acceso á xustiza
RE 1.4: Comunidades educativas adoptan un proceso formativo, en fases, en materia de información e prevención da violencia de xénero.
A.1.4.1: Formalizar os acordos coas Comunidades educativas.
A.1.4.2: Redeseño do plan de sensibilización e prevención.
A.1.4.3: Execución do plan de sensibilización e prevención.
A.1.4.4: Sistematización do Proceso educativo.
RE 1.5: A poboación de Cochabamba accede a unha campaña multicanle de sensibilización para a prevención da violencia de xénero.
A.1.5.1: Deseño dunha campaña de sensibilización multicanle para a prevención da violencia de xénero
A.1.5.2: Contratación dun servizo de comunicación externo e desenvolvemento dun espazo web
A.1.5.3: Contratación de valos publicitarios
A.1.5.4: Participación en actos de sensibilización das redes interinstitucionais de Cochabamba e Sacaba
Directa: 9.647 (2.968 homes; 5.126 mulleres; 748 nenos; 805 nenas)
Indirecta: 990.778 (478.677 homes; 512.101 mulleres)
Axuda Xunta de Galicia: 235.000€ (94.000€ en 2023 e 141.000€ en 2024)