Mellora na sostibilidade e uso eficiente nos Sistemas de Auga Potable rurais no Salvador
Esta proposta busca impulsar o uso eficiente e sostible da auga nos Sistemas de Auga Potable e Saneamento (SAPS) rurais da Cordilleira do Bálsamo no Salvador, contribuíndo á sostibilidade dos mesmos para garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga mediante a incorporación de novas tecnoloxías na práctica administrativa, operativa e organizativa dos SAPS. O proxecto tamén busca ampliar o acceso ás TIC´s na administración e operación de sistemas socios de ASAPS cun enfoque de xénero; mellorar a eficiencia hídrica dos SAPS para contribuír á loita contra o cambio climático; e xerar condicións para a replicabilidade do modelo de innovación tecnolóxica ás SAPS rurais.
ACUA - Asociación Comunitaria Unida Pola auga E A Agricultura
Xeral: Contribuír á sostibilidade de SAPS rurais para garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga.
Específico: Promover o uso eficiente e sostible da auga en SAPS rurais do Salvador.
RE 1.1 Ampliado o acceso a TIC na administración e operación de sistemas rurais socios de ASAPS con enfoque xénero.
A.1.1.1 Formación en software libre.
A.1.1.2 Actualización e ampliación da App AIGAR para a súa escalabilidade en sistemas socios de ASAPS.
A.1.1.3 Desenvolvemento da App AIGAR en 5 SAPS rurais.
A.1.1.4 Formación a ASAPS para replicabilidade da App.
A.1.1.5 Formación en liderado e dereitos ás mulleres socias da ASAPS.
A.1.1.6 Actualización de ferramentas de operación e administración do SAPS.
RE 1.2 Mellorada a eficiencia hídrica dos SAPS contribuíndo á loita contra o cambio climático.
A.1.2.1 Actualización do estudo hidráulico do SAP incorporando medidas de eficiencia e de protección do recurso hídrico.
A.1.2.2 Desenvolvemento de medidas de eficiencia hidráulica en redes de impelencia e distribución.
A.1.2.3 Accións de reforestación en zonas de recarga hídrica.
A.1.2.4 Desenvolvemento dun diplomado ás SAPS para mellorar a súa sostibilidade cun enfoque de DDHH.
RE 1.3 Xerar condicións para a replicabilidade do modelo de innovación tecnolóxica ás SAPS rurais.
A.1.3.1 Sistematización da incorporación do uso das TICs (AIGAR) na xestión comunitaria da auga.
A.1.3.2 Deseño dunha páxina web para a difusión da aplicación AIGAR.
A.1.3.3 Vídeo de sistematización do uso das TICs (AIGAR) na xestión comunitaria da auga.
A.1.3.4 Socialización a Redes de Xuntas de Auga sobre o uso de AIGAR.
Directa: 2.249 (1.032 homes; 1.217 mulleres)
Indirecta: 6.183 (2.348 homes; 2.679 mulleres; 540 nenos; 616 nenas)
Axuda Xunta de Galicia: 180.044,00€ (72.017,60€ en 2023 e 108.026,40€ en 2024)