Proxectos

Sementando coeducación desde o rural: os coidados como xerme para a sustentabilidade da vida. Fase II.

O proxecto ten como obxectivo contribuír a promover en Galicia unha cidadanía global, crítica e comprometida cun modelo de desenvolvemento que poña no centro o coidado das persoas e do planeta baixo unha perspectiva ecofeminista e de acordo co cumprimento da Axenda 2030. Esta intervención da continuidade a un proceso de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global iniciado no ano 2023 e pensado nun horizonte a tres anos.

Esta fase desenvólvese co profesorado de 3 centros educativos do ámbito rural e persoal educador do ámbito non formal, con ela preténdese desmontar os discursos de poder hexemónicos e construír propostas e narrativas alternativas (narrativas do amor) que sirvan de referencia para xerar pensamento crítico, baseadas na defensa dos Dereitos Humanos, fomentando o protagonismo da xuventude como axentes de transformación social, dende unha perspectiva local-global, e sempre baixo un enfoque de coidados, decolonial e interseccional.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a promover en Galicia unha cidadanía global crítica e comprometida cun modelo de desenvolvemento que poña no centro o coidado das persoas e do planeta baixo unha perspectiva ecofeminista e de acordo co cumprimento da Axenda 2030.

Específico: Promover comunidades educativas con capacidade para actuar de forma crítica e colectiva a favor da paz (ODS 16), a igualdade de xénero (ODS 5) e a sustentabilidade ambiental (ODS 13) baixo un enfoque de coidados, decolonial e interseccional.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Profesorado de 3 centros educativos do ámbito rural e persoal educador do ámbito non formal con coñecementos, habilidades e actitudes reforzadas para incorporar a perspectiva ecofeminista cun enfoque de coidados, decolonial e interseccional na súa práctica educativa, no marco da Axenda 2030.

A.1.1.1 Planificación, coordinación e acompañamento dos procesos formativos dirixidos a educadores/as formais e non formais.

A.1.1.2 Creación e aplicación de ferramentas de valoración previa e posterior de coñecementos e capacidades, para medición de cambios.

A.1.1.3 Deseño, elaboración e realización da formación sobre “Coidados das persoas e do planeta: cara á construción de centros educativos transformadores e comprometidos cos ODS - Fase II. DESMONTAR" en modalidade presencial ou mixta dirixida ao profesorado de toda Galicia.

A.1.1.4 Deseño, elaboración e realización da formación sobre "Construción de narrativas de amor fronte aos discursos de odio e negacionismos dende o compromiso co cumprimento da Axenda 2030" en modalidade presencial ou mixta dirixida a persoal educador do ámbito non formal.

A.1.1.5 Realización de charlas-coloquio coas asociacións de familiares (ANPAS/AFAS) e cidadanía xeral interesada das 3 comunidades educativas, sobre "O impacto do consumo de pornografía en adolescentes", no marco do cumprimento do ODS 5.

A.1.1.6 Elaboración, tradución ao galego e maquetación de material didáctico dixital sobre experiencias da labor de mulleres defensoras de DDHH en América Central e do Sur e en España, dende as conexións global e local e a súa vinculación coa Axenda 2030 e en concreto co ODS 5.

RE 1.2 Mocidade galega e alumnado de 3 centros educativos do ámbito rural con coñecementos teóricos e prácticos adquiridos para unha análise crítica da realidade e un papel activo na difusión e mobilización dos ODS, baixo unha perspectiva ecofeminista e cun enfoque de coidados, decolonial e interseccional.

A.1.2.1 Planificación, coordinación e seguimento dos procesos de sensibilización e formación en 3 centros educativos do ámbito rural (Lalín, Trazo e A Baña).

A.1.2.2 Creación e aplicación de ferramentas de valoración de coñecementos e capacidades, para medición de cambios.

A.1.2.3 Realización de sesións formativas co alumnado de 3 centros escolares, a través de metodoloxías innovadoras, sobre cultura de paz, igualdade de xénero e sostibilidade ambiental, cun enfoque de coidados, decolonial e interseccional, no marco da Axenda 2030.

A.1.2.4 Acompañamento ao profesorado implicado no proceso educativo dirixido ao alumnado e profesorado de toda Galicia vinculado ao Plan Proxecta, para a incorporación na súas aulas, de accións coeducativas con perspectiva ecofeminista.

A.1.2.5 Presentación e percorrido pola exposición creada por InteRed "TOCA IGUALDADE" no espazo universitario para a sensibilización/concienciación sobre: a) coidados; b) diversidades; c) educación afectivo-sexual; d) prevención de violencias machistas.

A.1.2.6 Realización de 1 obradoiro con mocidade en xeral (non vinculada necesariamente a espazos escolares), a través de metodoloxías innovadoras - ARTIVISMO -, sobre ecofeminismo, de acordo ao cumprimento dos ODS, e facendo especial incidencia na importancia da toma de acción e participación para o cambio social.

RE 1.3 Promovido o traballo en rede (local con perspectiva global) entre e dende as comunidades educativas participantes, coa difusión e intercambio de coñecementos, experiencias e prácticas coeducativas transformadoras en torno ao ámbito rural cunha perspectiva ecofeminista.

A.1.3.1 Realización de reunións de coordinación, planificación e organización das actividades conxuntas entre o equipo do proxecto e o resto de actores implicados, incluíndo organizacións da sociedade civil.

A.1.3.2 Participación en rede na organización e realización de polo menos 1 encontro de intercambio (con profesorado, mocidade, outros axentes sociais locais, etc.) sobre os temas tratados, con especial incidencia na EpDCG no rural.

A.1.3.3 Charlas-coloquio co alumnado dos 3 centros educativos e a cidadanía xeral sobre os proxectos de cooperación ao desenvolvemento levados a cabo en outros países, con especial incidencia na labor das defensoras de DDHH e do territorio con mirada local e global.

A.1.3.4 Realización de actividades de Aprendizaxe- Servizo (ApS) en colaboración con alumnado da USC en polo menos 1 centro educativo para fomentar a participación social no entorno.

A.1.3.5 Realización do II Encontro presencial e/ou virtual entre os 3 centros educativos implicados para compartir aprendizaxes arredor dos temas traballados no proxecto

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.169 (403 homes; 611 mulleres; 62 nenos; 93 nenas)

Indirecta: 1.823 (309 homes; 454 mulleres; 424 nenos; 636 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)