Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 3
Este proxecto, desenvolvido no barrio coruñés da Agra do Orzán, busca fortalecer as capacidades comunitarias mediante procesos de aprendizaxe colectiva e metodoloxías participativas, cun enfoque ecofeminista e antirracista. O seu obxectivo é fomentar a inclusión, a convivencia intercultural e a defensa do dereito a un hábitat digno, vinculando o local coas realidades do Sur global. Envolve centros educativos, entidades sociais e a Universidade da Coruña (UDC), coa participación directa duns 1.700 persoas. Trabállase a través de actividades formativas, artivismo, investigación participativa e creación de redes comunitarias. O proxecto promove a Axenda 2030 e os ODS, xerando coñecemento situado e narrativas alternativas fronte aos discursos de odio e exclusión.
Xeral: Reforzada unha conciencia crítica da cidadanía global na loita contra as iniquidades sociais e na defensa do dereito a un hábitat digno e coidador nun contexto de crise sistémica.
Específico: Fortalecidas as capacidades (coñecementos, habilidades, actitudes) e redes de intercambio para a defensa do Dereito ao Hábitat no marco da axenda 2030, da veciñanza do barrio da Agra do Orzán (A Coruña) e axentes multiplicadores (educativos, comunitarios, institucionais ), desde a participación social con perspectiva glocal e interseccional
RE 1.1. Formados (coñecementos) na defensa do dereito ao hábitat no marco da Axenda 2030 con enfoque ecofeminista e interseccional axentes clave polo seu potencial multiplicador e titulares de responsabilidades na educación formal, non formal, intervención e participación sociocomunitaria
A1.1.1 Curso de formación “Transición ecosocial e inclusiva: do hábitat educativo ao barrio”.
A1.1.2 Formación de multiplicadores sobre Dereito ao Hábitat e urbanismo ecofeminista (MOPS-UDC) e axentes multiplicadores.
A1.1.3 Curso de formación de multiplicadores en Dereito ao Hábitat, urbanismo, antirracismo e decolonialidade para o MOPS da UDC e axentes multiplicadores.
A1.1.4 Obradoiro TRANSFORMANDO VII: Migrar é un Collage.
RE 1.2. : Desenvolvidas habilidades e actitudes para a defensa do dereito ao hábitat desde un enfoque ecofeminista e antirracista no tecido social, institucional e educativo do Agra do Orzán (titulares de dereitos: familias, alumnado, docentes e equipo directivo do CEIP María Barbeito e do IES Agra 1, veciñanza) e outros axentes multiplicadores clave (titulares de responsabilidades alumnado e docentes MOPS-UDC, entidades sociais do barrio) involucradas en procesos de IAP)
A1.2.1 Experiencia de Aprendizaxe-Servizo (ApS) “As voces migrantes na Agra na construción dun hábitat digno e coidador”.
A1.2.2 ApS “A organización social dos coidados na Agra do Orzán. Estudos de caso a través de mapas de coidados” (Alumnado MOPS-UDC, 2º curso).
A1.2.3 Asesoría e acompañamento técnico e pedagóxico no Proxecto Documental Integrado (PDI) de centro “Coidar os barrios que nos coidan”.
A1.2.4 “Transición ecosocial e inclusiva: do hábitat educativo ao barrio”: proceso de formación, indagación e acción coa comunidade educativa do CEIP María Barbeito.
A1.2.5 Obradoiros para alumnado de 1º ESO do IES Agra I “Do barrio ao mundo: unha viaxe de ida e volta”.
A1.2.6 Exposición “Un mundo de moito coidado” + Videoforums “La escuelita del Manchón” (ASF-Xunta / Guatemala).
RE 1.3. Sensibilizada a cidadanía mediante a xeración de materiais educativos, de incidencia e espazos de intercambio sobre o dereito ao hábitat con enfoque glocal, postos a disposición da veciñanza do barrio da Agra (titulares de dereitos) e axentes multiplicadores chave (titulares de responsabilidades) e outros con interese.
A1.3.1 Deseño e materialización de propostas e formatos de devolución e divulgación dos resultados e produtos derivados das actividades.
A1.3.2 Deseño e organización da Xornada final: devolución e diálogo na comunidade.
A1.3.3 Creación e actualización de contidos e mantemento das ferramentas de comunicación e difusión do proxecto.
A1.3.4 “Do proceso ao relato”: análise, mellora e sistematización dos procesos e produtos xerados nas fases 1 a 3.
RE 1.4. Fortalecida a capacidade de ASF con formación, xeración de redes e xestión axeitada do coñecemento
A1.4.1 Avaliación externa.
A1.4.2 Coordinación e seguimento continuado e participativo do proxecto.
A1.4.3 Formación interna do equipo ASF.
A1.4.4 Creación da REDE de apoio ao proxecto (Fase 3).
Directa: 1402 (787 mulleres/nenas e 615 homes/nenos)
Indirecta: 7803 (3913 mulleres/nenas e 3890 homes/nenos)
47.000,00 € (18.800,00 € en 2025 e 28.200,00 € en 2026)