Proxectos

A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Unha ollada con lentes violetas cara o sur coa ApS como ferramenta de transformación social

O proxecto céntrase en fortalecer a participación activa e a conciencia social da infancia, mocidade, persoal educador e do alumnado universitario galego na defensa e promoción do bo trato á infancia. Faino mediante iniciativas de formación, sensibilización, mobilización cidadá e incidencia política, integrando a perspectiva do Sur Global e aplicando un enfoque interseccional e de xénero.

Persegue unha mellora no coñecemento dos grupos participantes sobre a violencia a nivel global, con énfase na que afecta especialmente ás nenas, e en fortalecer o seu protagonismo en accións de sensibilización, mobilización social e incidencia política. Isto compleméntase co coñecemento de experiencias globais a través das testemuñas de mulleres de zonas rurais de Guatemala ou Nicaragua, onde os proxectos xa desenvolvidos permiten amosar as estratexias comunitarias de fortalecemento económico e ambiental que se impulsan entre as mulleres e nenas destas zonas.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuir á construcción dunha cidadanía global crítica, activa e comprometida en Galicia coa transformación social e o desenvolvemento sostible en termos da protección contra a violencia na infancia, a nivel global, máis concretamente das nenas, en liña coa Axenda 2030 e os ODS 16 (meta 16.2) e ODS 5.

Específico: Fortalecer a participación activa e a conciencia social da infancia, mocidade, persoal educador, tanto do ámbito formal como non formal, e do alumnado universitario galego na defensa e promoción do bo trato á infancia, mediante iniciativas de formación, sensibilización, mobilización cidadá e incidencia política, integrando a perspectiva do Sur Global e aplicando un enfoque interseccional e de xénero

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorado o coñecemento e sensibilización de nenos, nenas e adolescentes, profesionais educativos, nos eidos da educación formal e non formal así como alumnado universitario galego sobre a violencia contra a infancia, máis especialmente a sufrida polas nenas, dende un enfoque local-global, con énfase nos DDII, interseccionalidade e xénero e en liña coa Axenda 2030.

A.1.1.1 Deseñar 5 sesións de formación e sensibilización con nenos, nenas e adolescentes de espazos de educación formal e non formal sobre o dereito á protección das nenas e o fomento do bo trato a partir do coñecemento e estudo de realidades a nivel local-global.

A.1.1.2 Organizar e deseñar 3 sesións formativas con persoal educador, en espazos de educación formal e non formal, en termos de protección contra a violencia na infancia, máis concretamente as nenas, a nivel global co obxectivo de xerar mecanismos para a súa prevención e unha mellora na concienciación das participantes.

A.1.1.3 Deseñar e desenvolver 3 accións formativas dirixidas ao alumnado universitario para a súa capacitación en EpDCG, así como contidos específicos para a prevención e protección da infancia a nivel global, a Convención de DDII, os DDHH, a Axenda 2030 e os ODS 16 e 5 e as metas 16.2 e 5.2.

RE 1.2 Fortalecido o protagonismo das persoas participantes do proxecto en accións de sensibilización, mobilización social e incidencia política na defensa do dereito a protección á infancia, a igualdade de xénero e o empoderamento das nenas a nivel global.

A.1.2.1 Deseñar e levar a cabo a lo menos 5 sesións de deseño e planificación con participantes no proxecto para a creación de accións de sensibilización ou mobilización social para a defensa da violencia exercida a nivel local - global contra a infancia e máis en concreto contra as nenas.

A.1.2.2 Levar a cabo a lo menos 6 sesións participativas, reflexivas e vivenciais e de planificación co alumnado universitario galego no marco de desenvolvemento de proxectos ApS.

A.1.2.3 Coordinar e executar dúas accións de sensibilización ou mobilización social, impulsadas polo alumnado universitario participante dos proxectos ApS.

A.1.2.4 Deseñar e implementar un plan de acción para a incidencia política a nivel local/autonómico con acción protagónica dos participantes nas accións de sensibilización.

A.1.2.5 Promover a lo menos un espazo de incidencia entre representantes políticos a nivel local ou autonómico e participantes das actividades promovidas no abeiro do proxecto.

RE 1.3 Facilitado o coñecemento e sensibilización dos participantes e axentes sociais galegos, considerando as desigualdades globais sobre o liderazgo das mulleres como factor clave na creación de entornos seguros para a infancia, a través de experiencias de mulleres e nenas de zonas rurais de Guatemala y/o Nicaragua.

A.1.3.1 Deseñar, organizar e coordinar dous espazos de diálogo, presenciais ou virtuais, entre a lo menos 20 participantes do proxecto en Galicia cunha protagonista dos programas de cooperación de Educo en Guatemala e/ou Nicaragua.

A.1.3.2 Celebración dun espazo de diálogo entre persoal educador galego e unha protagonista dos programas de cooperación de Educo en Guatemala e/ou Nicaragua.

A.1.3.3 Celebración  dun espazo de diálogo entre alumnado universitario galego e unha protagonista dos programas de cooperación de Educo en Guatemala e/ou Nicaragua.

RE 1.4 Visibilizada a importancia do dereito á protección e medidas de prevención fronte a situacións de violencia contra a infancia a nivel global, máis concretamente contra as nenas, entre a cidadanía galega.

A.1.4.1 Deseñar e desenvolver un Plan de Comunicación en Galicia no abeiro do proxecto.

A.1.4.2 Coordinar e levar a cabo a lo menos 32 sesións para a realización dunha curta documental co alumnado universitario participante dun dos proxectos ApS para a defensa da violencia contra a infancia con enfoque local -global.

A.1.4.3 Presentar unha curta documental sobre a protección da violencia contra a infancia e o fomento do bo trato contra as nenas a nivel global.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 400 (226 mulleres/nenas, 174 homes/nenos)

Indirecta: 2.116.825 (1.037.229 mulleres/nenas, 1.079.596 homes/nenos)

Axudas: 

37.000 € (14.800 € en 2025 e 22.200 € en 2026)